A PREVIA : MÁLAGA-DEPOR : “UN PASIÑO MÁIS E XA ESTÁ”.

 

Un pasiño máis e xa está, tal e como apunta a lóxica, ainda que nisto do fútbol non hai nada escrito e xa sabemos o que é baixar con puntos suficientes, máis claro con 43 puntos a vez que un equipo baixou con máis puntos a segunda, ben e certo que houbo amaños declarados e confirmados que se quedaron en nada. Mágoa na “nova normalidade” os 4 puntos que nos birlaron cos penaltis inexistentes ante Rayo e Tenerife que nos terían na loita pola promoción. Ainda é posible, pero terían que fallar moitos equipos nos 4 encontros que quedan e nós gañalos todos. “Nada é imposible, pero todo é cuestionable”, decía Don Jaime. A realidade é que fai falla unha vitoria máis e de ser esta sería máis imprtante pois deixaríamos aos sureños a 5 puntos e que loitarán co vagón de cola eles. Unha derrota suporía que nos fóseos os da loita e eles 1 punto por enriba nosa. Equipo moi complicado este Málaga que ao igual ca nós, pasouse a primeira volta sesteando de decepción en decepción, pero que se reformou co troco no banco na fortaleza defensiva e aproveitar as que ten, para pasar de estar desafiuzado a tocar cos dedos a salvación. A sua solvencia esta declarada en que só recibeu gol na sua porta en un dos derradeiros 6 encontros.

Amosar a nosa protesta e repulsa, ao igual que o fixeron, Fernando Vázquez e Paco Jémez, sobre o imprudente e negativo que é xogar coas temperaturas que se están a dar, e neste caso máis, polo horario declarado, coma sempre en beneficio das televisións e facendo caso omiso a saúde dos xogadores.

 

O ENCONTRO

Xornada : 39ª

CD Málaga Vs Depor

Día : Mércores 08/07/2020

Hora : 19:30, (17:30 GMT)

Campo : Estadio La Rosaleda

Tv : GolTV

Árbitro : José Antonio López

VAR : Gorka Saguéz Oscos

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

A principal novidade da convocatoria de Fernando Vázquez, é o xuvenil Juan Rodríguez, e a baixa de Salva Ruíz, que tras un gran encontro ante o Huesca, volveu a ter molestias e cáese da lista, na que tamén é baixa Keko Gontán, por contrato. Non pode xogar ante o seu ex equipo, unha das condicións cando chegou en Xaneiro para poder enrolarse no RC Deportivo. Entra nunha convocatoria na que están os canteiráns, Valín, Gandoy e o meta xuvenil Alberto,  o central tamén xuvenil, Juan Rodríguez, e non estarán os lesionados Uche Agbo e Peru Nolaskoain, este último está a ter altibaixos na sua recuperación.

 

O ÁRBITRO

José Antonio López Toca, cántabro de 37 anos de idade, dirixeu na categoría esta tempada 19 encontros,amosando 103 cartós amarelos dos que en 5 ocasións acarrearon expulsión por dobre amonestación, ademáis de amosar 3 vermellos diretos e pitar 3 penaltis.. A nós dirixeunos o empate en Lugo, (0-0), e o “atraco” en Zaragoza, (3-1). Pola sua banda aos andaluces dirixeulle o empate en Fuenlabrada, (0-0). Máis perigo ten o que está no VAR, Gorka Saguéz Oscos, veterano colexiado vasco nado en San Sebastian, que en novembro cumprirá 40 anos e que é dos que teñen a man áxil a hora de amosar cartóns, nada menos que 117 amarelos e 5 vermellos diretos en 19 cartóns, e os dobre-amarelo sumaron 4 expulsados máis.  A ós ademáis de arbitrarnos o encontro de Copa do Rei ante o Illueca na que se venceu por 0-2, máis lembrado polo único gol de de penalti, e na liga o empate ante o Almería en Riazor, (0-0), que supuxo a destitución de Anquela, e que foi o mellor encontro do seu efímero paso polo RC Deportivo, e a vitoria sobre o Numancia, (0-1), xa con Fernando Vázquez no banco deportivista. Os malaguistas dirixeulle o empate ante o Las Palmas na Rosaleda, (1-1), na 2ª xornada de liga e a derrota ante o Elxe, (2-0).

 

ROLDAS DE PRENSA DESTACADAS

Fernando Vázquez : PREME AQUÍ

Salva Ruíz : PREME AQUÍ

 

 

 

ARTIGO DE AUTOR

Álex Bergantiños : “O Donato coruñés” 

-PREME AQUÍ-

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.