A PREVIA : GIRONA-DEPOR : “RIVAL BO E MALO”

 

Trala patética imaxe, (en especial na 1ª metade), ante o CD Mirandés, toca o rival con mellor presuposto do campionato e que todo canto fixo foi na casa con 4 vitorias e un empàte e que fora non da atalla, polo de agora. Un rival que ten a Stuani nas suas filas que a piques estivera de vir para o Depor e que xa o ano pasado o fixo ben na 1ª División e que na casa está a ser implacable de cara a porta e que suma 5 goles no seu haber.

Un rival bo porque de sacar algo en positivo e dand boa imaxe aplacaría ao deportivismo, cabreado e que daría un pouco de fe de cara ao encontro do Domingo que visita Riazor outro dos “cocos” da categoría, e malo porque de seguir ca mesma xeira os de Gerona, afondaría na crise e no malestar xeral, tanto dos afeccionados, coma do propio equipo.

 

O Encontro

Girona-Depor

Posto/puntos Girona : 13º/10

Posto/Puntos Depor : 19º/7

Campo : Montilivi

Hora : 21:00 horas; (19:00 GMT)

 

O Árbitro

Jorge Figueroa Vázquez sevillanoi de 39 anos e do Colexio Andalúz. Un dos veteranos desta categoría con 8 tempadas con esta na 2ª División, o que non fala moi ben dél, cando non foi quen de dar o salto a 1ª. Leva dirixidos tan só 4 encontros esta tempada con 16 cartóns amarelos e 2 vermellos, (un deles direto). Nos 4 encontros que dirixeu 3 deles acabaron con vitoria visitante e 1 en vitoria local. Todos eles con poucos goles : Las Palmas 0-1 Huesca; Numancia 2-0 Mirandés; Oviedo 0-2 Elxe; Tenerife 0-1 Fuenlabrada.

 

Lista de convocados

 

Como velo

Televisado en direto por Movistar Vamos.

 

 

Peñas desprazas

Peña Deportivista Miau Miau

Peña Deportivista de Barcelona

 

-Texto e Foto : redacción piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies