A PREVIA : FERROL-DEPOR : “DÍA PARA CONFIRMAR A VOLTA O OBXETIVO”.

 

“Día para confirmar a volta ó obxetivo”

Nada importa máis ca consecución de 3 novos puntos que confirmen que se volve ao obxetivo inicial e non ao de aguantar a categoría. Non hai excusas e así o saben dende o primeiro ata o derradeiro membro do equipo, do clube, dos socios e dos afeccionados, ata os mandamases.

Non importa que sexa o Ferrol, que o campo vaia a estar pesado, que se reforzasen, que teñan no banco a Parralo, que se xoguen engancharse a algo, que se xoguen buscar o ano que ven estar na nova 2ª B, nada diso importa, só que somos o Depor e todo que non sexa gañar, ainda que se perda ou se empate por circunstancias adversas, sexa do estado do terreo de xogo, expulsións, arbitraxes malas, nada vale máis ca os 3 puntos e pensar no seguinte, que terá as mesmas esixencias, que son as máximas, pase o que pase.

 

O ENCONTRO

Ferrol-Depor

Hora : 19:00/18:00 GMT

Campo : Estadio da Malata

Árbitro : José Alberto Pardeiro Puente, (Colexio Cántabro)

Tv : TVG2

Internet : www.crtvg.es

 

ÁRBITRO

José Alberto Pardeiro, experimentado e tarxeteiro.

 

José Alberto Pardeiro Puente, é o colexiado que dirixirá o encontro da Malata. Nado en Santander é o 3º cántabro que nos dirixe un encontro de maneira consecutiva. Con 32 anos, suma con esta a sua oitava tempada na categoría de prata, con tan só 95 encontros dirixidos, dos que nesta dirixeu 6 encontros nos que amosou 41 cartóns amarelos, e un vermello, cunha media de 7 cartóns por encontro. Árbitro experimentado e tarxeteiro ao que non lle costa sacar o vermello, con 14 no seu periplo nesta categoría.

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

Rubén de la Barrera citou a todo o seu cadro de xogadores. Só queda fóra Miku, que se recupera dunha sobrecarga na musculatura aductora. O dianteiro branquiazul adéstrase estes días co readaptador, Fran Molano, no seu proceso de readaptación física.

 

MANIFESTACIÓNS

-Rubén de la Barrera : PREME AQUÍ.

-Lucho García : PREME AQUÍ

-Mujaick : PREME AQUÍ

 

-Fotos : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Foto árbitro : www.elbierzodigital.com 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies