Na previa das lumaradas de San Xoan vendo o Depor fai xusto un ano.
Encontro altamente complicado ante un gran rival que practica un fútbol direto e de rápidas contras, nun día de fasto recordo para o deportivismo. Unha “Noite Meiga” tan querida en Galicia pero que o ano pasado foi a da desilusión tras quedar fora do ascenso por un gol. Na derradeira xogada do encontro ata Pablo Marí rematou de testa lambendo o poste. Era a noite de San Xoan e todos esperábamos ir recibir o equipo a Alvedro despois de queimar os meigallos. Un ano despois daquel regalo de Martí ao seu equipo, cunha ventaxe da ida de 2-0 e sen recibir un 3-0 en toda a tempada, nen por asomos, a noite volve a ser meiga, desta volta para tratar de escapar do descenso que temos a puntos iguais co Numancia, trala inesperada vitoria, pero mrecida do Real Oviedo no derbi asturiano, (0-1). Estamos fora por golaveraxe pero fai falta unha vitoria xa para comezar a escalar posto, nunha clasificación moi igualada, pero na que o que non espabile vai ter máis lonxe cada vez o resto.
Na foto de recordo, un grupo de afeccionados seguíamos o encontro nun salón improvisado nas fogueiras de San Xoan de Carballo. Un salón que despois sería queimado na lumarada da media noite. este ano non se poderá repetir nada, pola situación do equipo e pola pandemia. Que se queime todo nesta “Noite Meiga”.
O ENCONTRO
Xornada : 35ª
Elxe Vs Depor
Hora : 19:30, (17:30 GMT)
Campo : “Martínez Valero”
Tv : mitele PLUS
Árbitro : Dámaso Arcediano Monescillo
LISTA DE CONVOCADOS
Entra na lista con respecto a anterior do pasado sábado n Riazor, Abdoulaye Ba, que por contrato non podía estar fronte o Rayo Vallecano, e tamén temos a novidade de Jovánovic, recuperado das suas molestias, e tamén entra Yago Gandoy, no eido de Salva Ruiz con problemas musculares, e asimesmo Peru, que se cae da lista por lesión o pasado sábado. A pesares de entrar o meta Jovánovic, tamén o vai o xuvenil Alberto.
O ÁRBITRO
O encontro será dirixido polo árbitro de Puertollano, (Ciudad Real), Dámaso Arcediano Monescillo, de 35 anos de idade e pertencente o colexio castelán-manchego. Leva dirixidos este ano 18 encontros da 2ª División amosando 83 cartóns amarelos e nos que expulsou con dobre cartón a 3 xogadores. Non expulsou con vermello direta a ninguén esta tempada e pitou 6 penaltis, (1 cada 3 encontros de media). A nos dirixeunos os encontros Cadiz-Depor e Depor-Lugo, que ambos acabaron 0-0, amosando 4 cartóns amarelos cntra os gaditanos e 1 contra os lucenses. O Elxe non lle dirixeu ningún encontro esta tempada.
ROLDAS DE PRENSA DESTACADAS
Fernando Vázquez : PREME AQUÍ
Víctor Mollejo : PREME AQUÍ
CALENDARIO
-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.