A PREVIA : DEPOR-ZAMORA CF : “A FACER BO O PUNTO DE SANTANDER”.

 

Complicado encontro ante un rival que a pesares de estar na parte baixa, todo o que perdeu foi pola mínima. Un rival que é practicamente o que o ano pasado acadaba os “Play-Off” e que a pesares de chegar a Riazor na derradeira xornada da liga regular, puxo as xousas moi difíciles aos deportivistas que gañaban por 2-0, e non lles valía para entrar na quenda dos que podían ascender. O resultado foi enganoso pois a pesares de adiantarse aos 38 minutos de xogo por medio de Keko Gontán en xogada persoal, non era ata o 91 cando de penalti transformado por Borja Galán chegaba o segundo. Os zamoranos estiveron todo o choque no encontro e con posibilidades de empatar. Pois este é o mesmo equipo e con reforzos, pero non está a ter sorte, polo que o choque ten un halo de incertidume e perigosidade.

Se queres saber máis do noso rival o Zamora CF pásate polo noso Sabías que…?, do rival da xornada..

Lista de Convodados

Finalmente Trilli non entrou na conviocatoria polas molestias que arrasttrou durante a semana, pero a boa nova está na primeira comvocatoria da “Era Borja Jiménez” de Jorge Valín. Tamén entra Alberto Benito, que levaba varias semanas con molestias musculares.

Quedan fóra ademáis de Trilli, e Pablo Trigueros, por lesión.

Entra Noel, e con él,  Yeremay e Alberto, como representantes da canteira.

O Árbitro

Alemán Pérez, un colexiado con longa traxectoria.

Alexandre Alemán Pérez, canarios de Las Palmas de Gran Canaria, de 34 anos de idade, e que suma na 13ª categoría do fútbol español, (con esta), con 147 encontros dirixidos. Esta tempada dirixeu 2 choques, o Betis B 1-0 UCAM Murcia e o Cornellá 1-1 Castellón, (ambos do Grupo II), nos que amosou 8 cartóns amarelos, 8 no primeiro dos choques, (sen expulsados) e 2 no segundo. Acostuma a subir dos 5 cartóns por encontro na sua traxectoria. 

O colexiado canario estará auspiciado nas bandas por Javier Figueirido, (Colexio Galego), e David Serrano, (Colexio Aragonés). O asturiano, Pelayo Corgo, fará de cuarto árbitro e o galego Manuel Vidal de informador da RFEF. Un grupo de lugares dispares para impartir xustiza en Riazor.

Alemán Pérez xa sabe o que é facer de cuarto árbitro na Primeira División. No 20019 estibo na banda nun Barcelona-Madrid. 

Rolda de prensa de Borja Jiménez : PREME AQUÍ.

-Foto-montaxe : piratasdemuxia sobre unha do RC Deportivo

-Foto árbitro : www.europasur.es

-Texto : piratasdemuxia