A PREVIA : DEPOR Vs RAYO VALLECANO : “ENCONTRO VITAL…UNHA VEZ MÁIS”.

O Rayo volve a Riazor da man do deportivista Paco Jémez.

 

Se xa era clave o encontro ante o Real Oviedo no que o equipo fixo unha primeira meade insultantemente mala, para arranxar a medias o conto na segunda, este encontro ante o Rayo Vallecano que só perdeu 2 dos derradeiros encontros, faise vital. Nin se aproveitaron os resultados malos dos nosos rivais diretos na primeira xornada da “Liga-negocio”, nen se aprovitaron os da segunda ante un rival direto ao que só lle raspamos o golaveraxe, e agora toca un equipo mortal arriba, pero que deixa xogar, como acostuman os equipos do deportivista, (pois é socio e seguidor), Paco Jémez. Tarde para sufrir e esperar que o equipo funcione coma na segunda metade de “Uvieu” e saquemos os 3 puntos, ante un equipo que tamén hai que decilo leva empatados 17 encontros e que de gañar podería entrar en posicións de “Play-Off”.

 

O ENCONTRO

Xornada : 34ª

Depor Vs Rayo Vallecano

Hora : 17:00, (15:00 GMT)

Campo : Estadio de Riazor

Tv : mitele PLUS

Árbitro : Iñaki Vicandi Garrido

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

Como novidade entra Montero por Abdoulaye Ba na convocatoria. O central Montero caeuse da convocatoria anterior ao estar a un cartón para os 5 que supoñen acumulación de cartóns, habida conta de que Ba xa non podía xogar por contrato ante o seu ex equipo neste encontro. Repite o meta xuvenil, Alberto o non estar recuperado o segundo meta do primeiro equipo, Jovánovic.

O resto da convocatoria é a mesma que para Oviedo donde a defensa de 5 foi un fracaso e a piques estivo de supoñer algo máis grave co empate acadado, (2-2). 

 

O ÁRBITRO

O encontro será dirixido polo árbitro bilbaino de Portugalete, Iñaki Vicando Garrido, de 34 anos, avogado de profesión e que é un dos árbitros de maior altura da competición co seu 1,92 metros. Leva amosados en 16 encontros, 85 cartóns con 8 expulsados, 4 deles por dobre cartón. Ademáis pitou 4 penaltis. A nos dirixeunos na vitoria sobre o Tenerife, (2-2) e o empate co Fuenlabrada, (1-1) e o Rayo o empate na casa do Xixón, (1-1), e o empate co xtremadura en Vallecas, (1-1).

 

ROLDAS DE PRENSA DESTACADAS

Fernando Vázquez : PREME AQUÍ

Álex Bergantiños : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.