A PREVIA : DEPOR Vs CD TERUEL : “ENCONTRO PARA SEGUIR CRECENDO”.

 

Depor-CD Teruel

Hoxe “Domingo da Barca”, os nosos teñen a oportunidade de seguir crecendo e ata de poder poñerse na cabeza da táboa tralo empate de onte da Ponferradina. Riazor porá de novo a escea o equipo branquiazul que se vai a topar cun equipo moi parecido o Majadahonda, pero con mellores datos defensivos. Os tirolenses sufriron unha derrota en Lugo na primeira xornada, tras poñerse por diante e verse remontados gracias a un gol de xogada e un penalti, polo demáis non pasaron apuros, e a pasada semana ante o filial da Real Sociedad acadaron un enpate sen goles, nun encontro infumable. Polo tanto equipo defensivo e que aguanta no plantel a 9 dos xogadores que acadaron o ascenso a pasada tempada.

Idiakez non conta con Yeremay por lesión no peroné, e tampouco con Salva Sevilla que está collendo ritmo e con Valcarce por asuntos persoais. Polo demáis ten a todos en disposición e Mella ou Cayarga son a dúbida para suplir a baixa de Yeremay, polo demáis parece que repetirá equipo, como xa o fixo nas duas primeiras xornadas.

 

Depor-CD Teruel

Día : 10/09/2023

Hora : 19:30 (16:30 GMT)

Campo : Estadio de Riazor

Capacidade :  32.464 espectadores

Tv : FEF Tv

 

O ÁRBITRO

Jaime Ruíz Álvarez

Nado en : Gijón

Colexio : Asturiano

Edade : 36 anos

Anos na categoría : 14

Media cartóns amarelos : 5´65

Media cartóns vermellos : 0´34

Arbitrounos : 5 veces

Resultados : 1 gañado, 2 empatados e 2 perdidos

O Detalle : Este colexiado foi o que arbitrou o encontro ante o Ferrol no que un central dos ferroláns fixo un paradón, que era penalti e expulsión, pero obviouno a pesares de velo todo o estadio e él mesmo e o seu liña.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies