A PREVIA : DEPOR-VALLADOLID PROMESAS : “A NECESIDADE DE VOLVER A GAÑAR”.

 

Trala vitoria deste sábado do Racing de Santander sobre o Majadahonda, (3-2), cobra maior importanxia a vitoria ante o filial do Valladolid, un equipo moi xove e que ten potencial arriba, ainda que floxea un pouco atrás. Non deixa de ser un filial que como xa vimos fai 15 días co Bilbao Atlhetic, son impredecibles e camaleónicos, o mesmo che complican as cousas que gañas con facilidade, pero veñen con fame de trunfo, máis ca de puntos. Como detalle, xa que non representa nada, os rapaces pucelanos xa nos derrotaron en pretempada.

A vitoria do equipo santanderino, trae consigo a derrota do Majadahonda que era o terceiro a 4 puntos, os mesmos co UD Logroñés, que recibe hoxe ao Extremadura. Unha vitoria dos nosos mantería a distanza co Santander, (e haber que fai o UD Logroñés); e abriría fenda con Majadahonda e Real Unión, (caía onte ante o Ferrol por 3-0), que ocupan a cuarta e quinta praza, ata os 7 puntos. Polo tanto é vital unha vitoria e máis despois de dous empates.

De novo o árbitro será cántabro, unha manobra de pouco respeto da RFE, vendo o que pasou en Ferrol, que deu pé a especulacións, (Ver máis no apartado do árbitro).

 

Lista de Convodados

 

Caen de maneira forzosa dous dos titulares o pasado sábado na Malata: Adrián Lapeña, sancionado por acumulación de amoestacións; e Víctor García, con penalización económica no seu contrato de cesión do Real Valladolid en caso de ser aliñado. A chamada “clausula do medo”.

Trilli, que podería entrar de tirular no carril dereito ante a baixa de Víctor García, Noel, e Yeremay , son os representantes da canteira.

 

O Árbitro

Fuente Martín, nun Ponferradina-Fabril de fai uns anos.

 

Alberto Fuente Martín, nado en Castro Urdiales, (Cantabria), de 35 anos de idade, e que suma 10 tempadas na 3ª categoría do fútbol español, (con esta), con 117 encontros dirixidos, cunha media de 5,2 tarxetas amarelas e 0,29 vermellas por encontro. Esta tempada dirixeu 5 choques, o Real Unión 2-1 DUX Internacional, Zamora CF 1-4 UD Logroñés, CD Tudelano 2-2 Bilbao Atlhetic, Calarhorra 3-2 UD San Sebastián de los Reyes e Unionistas de Salamanca 2-2 CD Badajóz. todos eles do noso grupo. Nestes encontros amosou 27 cartóns amarelos, e 3 vermellos, (dous deles diretos). 

O colexiado cántabro é un habitual como cuarto árbitro tanto en encontros de Primeira División, como da Segunda. A pasada semana xogadores como Lapeña, ou Bergantiños protestaron pola designación dun colexiado cántabro no encontro ante o Ferrol, no que o colexiado inventouse un penalti de Álex e obviou un clarísimo sobre Lapeña. A resposta da RFEF foi designar outro colexiado cántabro, poñendo de maneira descarada a presión sobre o colexiado, se erra, sexa a favor, ou en contra, e tamén sobre os xogadores e o público, sabedores desta innecesaria designación.

 

Equipo arbitral completo

Árbitro: Fuente Martín, Alberto, (Comité Cántabro)

Cuarto árbitro : Gao Aladro, Enrique, (Comité Asturiano)

Árbitro asistente 1: Ramos Cinos, Ángel, (Comité Cántabro)

Árbitro asistente 2: Melia Garcia, Josep, (Comité Valenciano)

Informador: Ferreiro Varela, José Luis, (Comité Galego)

 

Rolda de prensa de Borja Jiménez : PREME AQUÍ.

 

-Foto-montaxe : piratasdemuxia sobre unha do RC Deportivo

-Foto árbitro : Info Bierzo

-Texto : piratasdemuxia