A PREVIA : DEPOR-UNIONISTAS DE SALAMANCA : “OU SÍ, OU SÍ…O RESTO NON VALE”.

 

“Ou si, ou si…o resto non vale”

Encontro moi importante por ser o que toca, por ser contra o lider, por tratar de romper unha racha nefasta que fai crer ata os propios xogadores que non son capaces de gañar, porque se se quere optar o ascenso non se poder perder, (nen empatar), etc, etc, etc…O que sobran son motivos polos que se precisa unha vitoria, e o que faltan son puntos.

Rubén de la Barrera, xa tivo duas semanas para coñecer dende dentro o que ten e na sua rolda de prensa falou como falaríamos calquer afeccionado : “Hai que gañar, ou sí, ou sí. Sóvale a vitoria”. Nestes termos falou o técnico e son os únicos argumentos.

 

O ENCONTRO

Depor-Unionistas de Salamanca

Hora : 19:00/18:00 GMT

Campo : Estadio de Riazor

Árbitro : Álvaro López Parra, (Colexio Cántabro)

Tv : TVG2

Internet : www.crtvg.es

 

ÁRBITRO

Alvaro López o día que pitou o final do encontro en Segovia antes dun gol.

 

Álvaro López Parra é colexiado que dirixirá o encontro de Riazor. Nado en Santander, a pouco máis dun mes de cumprir os 34 anos de idade, suma o seu noveno ano na categoría, polo que é un dos veteranos. Nesta tempada tan só dirixeu 3 encontros nos que amosou 12 cartóns amarelos, e ningún vermello, cunha media de 4 cartóns por encontro. Como anédota rocambolesca deste árbitro, hai unha do 2017 nun Gimnástica Segoviana-Ponferradina, na que pitou o final do encontro xusto cando os segovianos marcaban o gol que lles daría a vitoria, ante a incredulidade de todos. Non subiría o marcador o ser fora de tempo, segundo recolleu no acta e o encontro que remataba 0-0.

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

 

Entran como novidades ; o atacante brasileiro Raí, fichado esta mesma semana, Keko e Uche, que onte mesmo recibiron a alta médica, na lista de 20 futbolistas convocados por Rubén de la Barrera para o partido deste domingo 31 de xaneiro, a porta pechada pola pandemia de COVID-19.

Regresa tamén Nacho González, que estivo sancionado ante a SD Compostela; pero, por contra, pérdense o choque de mañá Mujaid, por sanción ao ser expulsado o pasado domingo ante a SD Compostela; Héctor, sen alta médica; e Rolan, con adestramento específico nos últimos días, segundo o club, e arranxando a sua saida hacia Egipro para xogar no Pyramids da 1ª División, segundo a prensa.

 

MANIFESTACIÓNS

-Rubén de la Barrera : PREME AQUÍ.

-Celso Borges : PREME AQUÍ

 

-Fotos : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Foto árbitro : Sportiva 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies