A PREVIA : DEPOR-UD SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES : “DÍA PARA VOLTAR A BOA SENDA DE RESULTADOS”.

 

O Depor recibe a 3 rivais complicados, os dous primeiros tenos na casa. Os seus propios medos a raíz de 3 malos resultados consecutivos, (a pesares de merecer máis en cada un deles e en menor ou maior medida), a prensa desestabilizadora, que xa saltou co coitelo antre os dentes a primeira de cambio, e o UD San Sebastián de los Reyes, coñecido co alcume de “Sanse”. Un equipo que suma os mesmos 13 puntos cos branquiazuis, pero de diferente maneira. Os madrileños suman igual cos de Borja Jiménez, 4 vitorias, 1 empate e 2 derrotas, pero nin marcaron en tódalas xornadas, nen son un equipo con gol arriba e que encaixa máis cos deportivistas, con tan só 8 goles a favor, polos 14 dos nosos, sendo o equipo máis goleador, e eles suman 7 en contra, (un menos cos que teñen a favor), polos 5 dos branquiazuis, que despois dio lider Unionistas, son os menos goleados, encaixando estes 5 en 3 encontros, estes 3 últimos, (2 ante Unionistas e Real Unión, e 1 ante UD Logroñés).

Riazor pode ser clave para voltar a senda dos trunfos, pois o xogo a pesares de ser un equipo totalmente renovado. O equipo debe seguir na mesma liña de xogo pero debe ser máis eficiente de cara a gol, pois a pesares das críticas, son moi poucas ocasións as que lles crean, ainda que se poida decir que todas van dentro, pero antes son moitas as que son cortadas, ca presión alta, e coas recuperacións diante, no medio e atrás.

Se queres saber máis do noso rival o UD San Sebastián de los Reyes pásate polo noso Sabías que…?, do rival da xornada..

 

Riazor volve a normalidade que nos toca nistes intres

O Estadio de Riazor volve dentro do que cabe a normalidade con apuntes. Xa se poderá entrar co carnet de socios, e asistir ao encontro dende o asento de cada un, pero con mascarilla e entrando e saindo coas precaucións do que se está a vivir. Son moitos os reacios a tanta proximación cos demáis, pero xa é un paso importante. Tamén hai entradas a venda para o público en xeral, con desconto para os que a collan por medio dun socio.

 

Lista de Convodados

 

Trilli que recibiu hoxe o alta médica é a grande novidade na lista de convocados para recibir mañá sábado en Riazor á UD San Sebastián de los Reyes.

Borja Jiménez xa aclarou na rolda de prensa previa a este encontro que o canteirán “Hoxe terminou por primeira vez a sesión co grupo. Onte ao final fíxoo pero era unha sesión máis de descarga que outra cousa. Está nese proceso de reincorporarse ao grupo con total normalidade. Mañá, (referíndose a de hoxe), estará na convocatoria por se fose obrigatorio que tivese que xogar pero temos que ir con cautela porque vén de seis semanas lesionado. Hai que ter paciencia non sexa que igual que a semana pasada tivo molestias pódenlle aparecer. Está dispoñible, pero por se fose obrigatoria a súa presenza, senón a idea é que non participe porque é demasiado pronto”.

Quedan fóra por lesión Pablo Trigueros, Valín e Alberto Benito.

Noel, Yeremay e Alberto, xunto con Trilli, son os representantes da canteira.

 

O Árbitro

Fernández Buergo, un colexiado con boa traxectoria pero moi novo.

 

Carlos Fernández Buergo, xovencísimo colexiado asturiano de Llanes, de 26 anos, que suma na 3ª categoría do fútbol español, con esta, 6 tempadas, con  62 encontros dirixidos. Esta tempada dirixeu 2 choques, o Unionistas 2-2 Cultural Leonesa e o Zamora 0-1 Ferrol, nos que amosou 12 cartóns amarelos. Árbitro que nunca dirixeu un encintro do noso equipos, pero si o Fabril o que lle dirixeu 2, un ante o Valladolid Promesas no 2017, e outro ante o Vigo B no 2019. Este rapáz xa debutou na 1ª División cun encontro como cuarto árbitro e varios na 2ª División na mesma faceta. 

O colexiado Fernández Buergo, estará axudado nas bandas polo veciño asturiano, David Villabeirán e o castelán-leonés, Javier Gómesz. O tamén astur, Francisco García fará de cuarto árbitro e o galego Roberto González de informador da RFEF. 

 

Rolda de prensa de Borja Jiménez : PREME AQUÍ.

 

-Foto : montaxe de foto dunha do RC Deportivo

-Foto árbitro : CD Toledo

-Texto : piratasdemuxia