A PREVIA : DEPOR-SD LOGROÑÉS : “UN DESCOÑECIDO PERIGOSO CON IALMA DUN COÑECIDO”.

 

Choque complicado polo descoñecemento do rival que visita pro primeira vez o Estadio de Riazor. O SD Logroñés, un equipo feito fai unha dúcia de anos por siareiros do desaparecido CD Logroñés, xoga a sua 3ª campaña na 3ª categoría do fútbol español. Polo que é un choque inédito ante un descoñecido, pero ca ialma do “finado”, CD Logroñés.

A sua traxectoria no que vai de liga amósao coma un equipo ao que costa marcarlle e ao que lle fai falla moi pouco para puntuar. Nas cinco xornadas anteriores sacou duas igualadas a ceros, unha vitoria pola mínima e a derradeira, unha vitoria por 3-2 ante o Talavera ao que lle remontou un 0-2. Polo tanto amósase coma un rival complicado e que ven a amosar que, a diferente escala, hai máis igualdade e nivel conxunto nesta categoría que na liga estrela de Tebas, que está a ser, (polo que nos contan), do peoriño en moitos anos.

O Depor deberá retomar a senda das vitorias perdida a semana pasada en Salamanca, ante o Unionistas, nun choque no que nos remontaron o 0-1 inicial de Quiles, e no que equipo, nin co apoio de preto de 600 deportivistas animando o máximo, foron quen de facerlle mella os salmantinos dende que fixeron o 2-1 na primeira metade.

Para este choque os logroñeses non poden contar por lesión co dianteiro Jon Ander, veterano xogador vasco, que chegou esta tempada as suas filas.

Se queres saber máis sobre o SD Logroñés mira aquí no noso, Sabías que…? do noso rival.

 

Lista de Convodados

 

Borja Jiménez fixo pública a lista de convocados unha vez finalizada a suave sesión de activación desta mañá no Estadio, no que dispuxo vídeo, estiramentos, mobilidade e unha roda de pases.

Antre os seleccionados hai varios xogadores que esta semana superaron unha gastroenterite, o que pode condicionar o “once” inicial. Do que se refire a canteira, só Noel entrou na lista, xa que Yeremai viaxou a Polonia co xuvenil e irá esta semana co Fabril.

Quedan fóra da citación os lesionados Pablo Trigueros, e os laterais dereitos, Trilli, e Jorge Valín. 

 

O Árbitro

Manuel Ángel Pérez Hernández, colexiado madrileño de 32 anos, recén cumpridos o pasado 29 de Stembro, (San Miguel). Pouco leva na 3ª categoría do fútbol español, na que suma, con esta, 4 tempadas con esta, con tansó 37 encontros dirixidos. Esta tempada dirixeu 2 choques nos que amosou 9 cartóns amarelos, e 1 vermello. Dirixeum no noso grupo o Extremadura 1-0 Ferrol e no Grupo 2, o Sevilla Atlético 0-0 Sabadell. Como curiosidade decir que tamén dirixe encontros de Fútbol Praia.

 

-Foto : montaxe de foto do RC Deportivo

-Foto árbitro : Twitter

-Texto : piratasdemuxia