A PREVIA : DEPOR-SD COMPOSTELA : “VOLTA O FOGAR CON MOITO QUE VER…E QUE AMOSAR”.

 

“Volta o fogar, con moito que ver…e que amosar”

Tras un longo periodo fora de Riazor e días convulsos, con aquela derrota primeiro en liga ante o Vigo “B”, (1-2), e despois en Copa ante o Alavés, (0-1), para caer de novo en liga, ante o Zamora, (1-0), destitución do GRAN, Fernando Vázquez, e non pasar do empate ante o colista no debút de Rubén de la Barrera, hoxe volta o fútbol a Riazor. De novo cheo de incertidumes e expectativas.

Que fará o novo Depor de Rubén de la Barrera?…Como asimilarían os xogadores a sua idea de fútbol, tras unha semana completa de adestramentos?…que prestacións darán os recuperados?…Como se presentará o Compostela tras unha dolorosa e sufrida derrota co colista?.

Son moitas as incógnitas que fan o choque moi atractivo. O Depor non lle vale nada que non sexa gañar. Un empate ou unha derrota co pouco que queda sería nefasto. Non vale pensar no seguinte encontro. Unha plantilla con tantos nomes debe de deixarse de lerias e ir a polos 3 puntos sen remilgos, dar un golpe enriba da mesa e amosar o potencia que se presume e que ata p de agora non se veu.

 

O ENCONTRO

Depor.SD Compostela

-Día : Domingo 17 de Xaneiro

-Hora : 17:00/16:00 GMT

-Campo : “Estadio de Riazor”

-Árbitro :  Albert Ávalos Martos

-Retrasmitido por : TVG2

-Internet : web CRTVG

 

ÁRBITRO

Albert Ávalos dirixirá por primeira vez en Riazor.

 

Albert Ávalos Martos é colexiado que dirixirá o encontro de Riazor. Nado en Igualada, (Barcelona), con 25 anos de idade, suma o seu noveno ano na categoría, polo que é un dos veteranos. Nesta tempada tan só dirixeu 3 encontros nos que amosou 15 cartóns amarelos, e ningún vermello, cunha media de 5 cartóns por encontro.

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

 

Eneko Bóveda, Claudio Beauvue e Miku, que onte recibiron o visto e prace dos Servizos Médicos deportivistas, e os xuvenís Dani Barcia e Padín son as principais novidades na lista de convocados do Dépor.

Quedan fóra os tocados Keko, Héctor e Uche, que esta mañá tiveron adestramento específico. O internacional nixeriano que parecía que ía a ser da partida tras adestrar toda semana co grupo, está pendente de avaliación médica por unhas molestias nun aductor. Nacho González está sancionado por acumulación de amoestacións.

 

MANIFESTACIÓNS

-Rubén de la Barrera : PREME AQUÍ.

-Carlos Abad : PREME AQUÍ

 

-Fotos : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Foto árbitro : Federación Catalana de Fútbol