A PREVIA : DEPOR-SALAMANCA : “COVID-19 AGNUS 1”.

 

Comeza a andaina do noso Depor na 2ª B, unha categoría que xa coñece, pero que non visitaba dende facía 40 anos, e que tras máis de duas décadas gloriosas acadando títulos e dobregando estadios que ninguén fora capáz dos equipos españois, toca voltar a mollarse e tras descender dunha maneira macabra, de novo con estilo propio, con máis puntos ca ninguén dos qu levan descendido de categoría na historia da competición e por golaveraxe.

Hoxe comeza o “Agnus 1” na 2ª B que esperemos que sexa unha cura de comzar en todo de novo e ir escalando ata chegar de novo a Primeira División, esa liga que apesta a mafia, a clube insolidarios, comprados con favores por un déspota que manexa todo o seu antoxo, no ámbito deportivo, institucional  político, o novo Vito Corleone.

O equipo chega verde, con xogadores que foron chegando escalonadamente uns, e outros cansados dunha longa prtempada, así como os que por molestias a sua pretempada foi curta ou inexistente. Fernando Vázquez ao que lle quedan 4 encontros na grada da pasada tempada, por dirixir dende a mesma, ao igual que fixo fai uns días Lopetegui no Sevilla e non tivo sanción. Hoxe é un día para disfrutar os que podemos ir o estadio e os que o sigades pola televisión. Un día para voltar a sentir os latidos do noso corazón branquiazul. Seremos preto de 4.000 pero o sentimento será o de centos de miles.

O rival?…un coñecido de anos atrás na Primeira División e que tivo que refundarse tras desaparecer polas débedas, algo do que nos fomos zafando, e hai quedecilo, de non ser o acordo con ABANCA, agora poderíamos a estar a falar dun comezo refundados e máis atrás na categoría e sen este equipo.

 

O ENCONTRO

Depor-Salamanca

Hora : 19:00, (17:00 GMT)

Estadio : Riazor

Árbitro : Alexandre Alemán Pérez

Tv : TVG2

 

O ÁRBITRO

Alexandre Alemán Pérez : “A gran promesa estancada”

Colexiado nado nas Palmas de Gran Canarias fai 33 anos e que ascendeu a 2ª B con 22 anos, dirixindo nestes 11 anos que leva na categoría 136 encontros. O pasado ano dirixeu 10 choques amosando 45 cartóns amarelos, (4´5 por encontro) e 2 vermellos. Un colexiado que ascendeu a categoría mi xove e que quedou estancado sen acadar o sato a 2ª División.

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

MANIFESTACIÓNS

Bergantiños : Ve ao equipo “moi ilusionado. A xente que chegou fíxoo con moitas ganas, moi implicada. O ambiente é excepcional entre compañeiros e unha ética de traballo moi boa. Cando empece a competición verase o preparados que estamos mentalmente. Está claro que é un reto súper esixente. Todo o que non sexa gañar cada domingo para a contorna vai ser un fracaso. Nós temos que estar por riba diso”. 

Salva Ruiz : “Foi unha pretemporada longa porque nun principio estaba a opción de que empezásemos antes. Traballamos duro. Nestes partidos notouse a carga de traballo. Agora nestas semanas de competición, coa carga máis axustada á semana de partido, estamos ben preparados e co necesario para facer un bo inicio de liga”.

Carlos Abad : Recoñece que “hai compañeiros que chegaron máis tarde e sendo sinceros non podemos dicir que esteamos ao 100 % a nivel do total do cadro. Os xogadores necesitan un pouco de rodaxe a nivel oficial porque as pretemporadas están ben pero ata que non se empece a competir a nivel oficial non veremos o verdadeiro nivel de cada un”.

Fernando Vázquez : Asegura que o Dépor ten “asumido” que será o rival a bater en Segunda División B pero indica que “non me considero mellor que ningún e o meu equipo tampouco porque esa é a actitude coa que hai que ir. Para ser un gran xogador, un gran equipo, a condición máis importante é a humildade. Os futbolistas téñense que dar conta de que son xogadores de Segunda B, que están en Segunda B e os que teñen en fronte son iguais a eles. Se pensamos que somos mellores, superiores estamos a equivocarnos todos”. Do Salamanca CF UDS destaca que ten “bo adestrador. Os adestradores de Segunda B son todos bos adestradores, moi preparados e formados. E veremos que hai un equipo con xogadores de bo nivel”.

 

Normativa para a entrada e permanenza en Riazor :

PREME AQUÍ.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

-Foto árbitro : Europasur

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies