A PREVIA : DEPOR-PONFERRADINA : “NA PROCURA DA CONFIRMACIÓN”.

 

 

Cada encontro é unha final e desta volta visita Riazor un clube amigo, que nunha tarde como a deste sábado traería consigo a milleiros de afeccionados, pero os danos colaterais do COVID-19 que, se xa o era, convirteu máis esta competición nunha “Liga-negocio” que consigueu de maneira indireta sacar os afeccionados dos campos para que todos teñamos que seguir as evolucións dos nosos equipos pola televisión, que pasou de ver unha catástrofe se non se acababan as copeticións a frotarse as mans.

O encontro ante os de Ponferrada será o que confirme a melloria do Depor e de acadarse a vitoria estaríamos a duas da salvación. Un conxunto complicado e que xoga moi ben o fútbol o ponferradín, que vai poñer as cousas moi complicadas os nosos. Tan só bicou a lona o equipo amigo en 9 ocasións de 35 encontros xogados, gañando 11 e empatando 15, con 41 goles a favor e 37 encontra. Chegan despois de acadar unha importante vitoria ante un dos “cocos” da competición o CD Mirandés, (1-2), e un empate ante o colista Racing de Santander, (1-1), e tan só unha vitoria de conseguir a salvación e a tan só 2 puntos dos postos de promoción.

 

O ENCONTRO

Xornada : 36ª

Depor Vs SD Ponferradina

Hora : 17:00, (15:00 GMT)

Campo : Estadio de Riazor

Tv : mitele PLUS

Árbitro : Juan Luis Pulido Santana

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

Caeuse da lista Keko Gontán por un pinchazo nun muslo e ademáis quedan fora, Gaku Shibasaki pola expulsión de Elxe do pasado martes e os lesionados Peru Nolaskoain e Juan Rodríguez, este último con problemas musculares. Entra o canteirán Valín por primeira vez, así coma recupera Fernando Vázquez a Salva Ruiz tras superar unhas molestias. Tamén entra Çolak que andivo con molestias estes días.

 

O ÁRBITRO

O encontro será dirixido polo árbitro canario Juan Luis Pulido Santana, nado en Gran Canaria fai 36 anos e que nesta tempada leva arbitrados na Segunda División Española de Fútbol, un total de 18 choques, amosando 96 cartóns amarelos e 5 vermellos, 3 deles de maneira direta e pitou a frioleira de 10 penaltis. A nós esta tempada o empate en Xixón ante o Sporting, (1-1) e o de Riazor ante o Alcorcón, ue tamén acabou en empate, (0-0). A Ponferradina dirixeulle o empate na casa ante o Cádiz, (0-0). 

 

ROLDAS DE PRENSA DESTACADAS

Fernando Vázquez : PREME AQUÍ

Hugo Vallejo : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.