A PREVIA : DEPOR-LINARES : “DEBÚT DE ÓSCAR CANO SEN TRILLI, QUE SE CAE DA CONVOCATORIA”.

Trilli baixa por problemas no psoas.

 

O Depor recibe mañán Domingo ao Linares Deportivo, equipo que volve a Riazor despois de caer na primeira rolda dos Play-Off por 4-0, resultado enganoso o daquel día, ainda que si mereceu gañar o equipo branquiazul.

Os andaluces chegan como colíderes co Ferrol con 19 puntos, 7 máis cos nosos. A pasada semana derrotaron no seu campo de Linarejos ao Pontevedra CF pola mínima, (1-0). Fóra de casa, nesta campaña, venceron en Fuenlabrada, (1-2), e en Talavera de la Reina, (2-3); e empataron en Salamanca (1-1). 

Encontro para comezar a ver os primeiros retoques do novo adestrador, Óscar Cano, que non contará co Trilli, (por molestias no psoas), o cal provou no día de hoxe, tal e como dixera e que xunto cos galenos deportivistas, decidiron que mellor sería darlle descanso. Tamén se perderán o partido por lesión Jaime, Isi Gómez, e Víctor Narro, este último adestrou hoxe sobre o céspede co readaptador Álex Canosa cunha máscara protectora, debido a unha fractura dos ósos propios do nariz sufrido en Majadahonda

 

O ENCONTRO

Depor-Linares

-Día : 16/10/2022

-Hora : 19:00, (17:00 GMT)

-Campo : Estadio de Riazor

Árbitro :  José Alberto Pardeiro Puente, (Comité cántabro)

-Tv : TVG2, Web crtvg, Insports TV.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia