A PREVIA : DEPOR-LINARES : “COMEZA O BO”.

Riazor vai presentar un aspecto envexable.

 

Mañán sábado a partires das 21:00 horas Riazor será unha caldeira. Tras un par de anos de ilusión, comeza o bo, a loita por algo, algo que é moito. A volta o fútbol profesional, tralos avatares que nos trouxo a vida, auspiciado por mafiosos do fútbol por unha banda, e polo mal facer dos nosos, no terreo de xogo, no área directiva e nos despachos.

Os Play-Off son toda unha lotaría, pode pasar de todo, ter un mal día, un mal árbitro, mala sorte…Son unha pura ansiedade, pero bendita ansiedade se o final acadas o premio.

Os rivais

O primeiro será o Linares, e en caso de pasar, podería tocarnos no encontro final, o Albacete ou o Rayo Majadahonda. Calquera deles contrincantes complicados.

No Grupo 2, o campión foi o Andorra con 71 puntos, (3 menos cos que acadou o Depor sendo segundo), sería cuarto no Grupo 1. Acadou 11 puntos menos co Santander campión do primeiro grupo.

Se comparamos as duas ligas, do segundo grupo, nin Nastic, nin Linares entrarían no Play-Off, de estar todos xuntos. Villareal B, (2º), e Albacete, (3º), serían quinto e sexto respectivemante, polo que os de Rubén de la Barrera non entrarían na loita polo ascenso. Pero todo isto son conxeturas curiosas.

Linares Deportivo

Fálase de que é un equipo rápido nas contras e que busca roubar en medio campo, ou os balóns longos. Eso foi o que fixo ante o Sevilla Atlético, que se xogaba a permanenza ante o linarenses, e caeu por 1-4. O filial sevillista buscou a vitoria a través do bo trato do balón, pero veuse sorprendido cada vez que perdía un balón.

 

Aquí tes unha comparación do que fixemos nos en liga, e o que fixo o noso rival.

Depor-Linares Deportivo

Puntos : 74-60

Partidos gañados : 22-17

Partidos empatados : 8-9

Partidos perdidos :  8-12

Gañados na casa : 13-11

Empatados na casa : 3-4

Gañados fora : 9-6

Empatados fora : 5-5

Perdidos fora : 5-8

Goles a favor : 59-59

Goles en contra : 29-47

Máximo goleador Depor : Alberto Quiles con 18

Máximo goleador Linares : Etxaniz con 13

O encontro 

Día : Sábado 05/06

Hora : 21:00, (19:00 GMT)

Campo : Estadio de Riazor

Árbitro principal : Salvador Lax Franco, (Colexio Murciano)

Asistentes : Diego Fernández e José Hernández, (Ambos do C. Murciano)

Cuarto árbitro : Sergio Usón, (Colexio Aragonés).

 

A plantilla

Borja Jiménez vai a contar con cáseque toda a plantilla, xa que Rafa de Vicente xa está a adestrar co equipo, polo que a única baixa será a do lesionado Trilli.

Asistencia a Riazor

Todo está poreparado, A Coruña e os pobos nos que hai deportivistas enfúndanse a camiseta deportivista e as suas cores, tras unha brilante campaña da Federación de Peñas e no que se refire a resposta do deportivismo, todo apunta a que se superaremos os 26.000 afeccionados que se den cita en Riazor, o que sería un record na historia do fútbol non profesional.

O Linares Deportivo anunciou que desprazará a Coruña un total de 25 autobuses de afeccionados, en torno aos 500 siareiros linarenses, que será ubicados na “Xaula”.

Por onde velo

Ainda non trascendeu con certeza quen televisará os Play-Off. Coméntase que a TVG andivo tentando facerse cos dereitos para Galicia, pero non se sabe. Todos apountan a que será por Footters para os seus aboados, e por internet en aberto pola luxemburguesa Fuhcs Sports, (en principio).

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia