A PREVIA : DEPOR-LANGREO : “O TEU REGALO MAMA : UNHA VITORIA DO DEPOR E FEITO”.

 

Nada máis preto, nada máis lonxe. Unha vitoria sobre o Langreo e a derradeira xornada será un encontro para darlle minutos aos que non xogaron ou xogaron pouco no que vai de tempada. Tan doado e tan difícil. Os nervos, ou a decepción arrastrada durante esta tempada e as anteriores son os lodos que poden chafra unha situación tan doada, axudada a que non o sexa por un Riazor engalanado nas gradas con afeccionados.

O empate ante Ferrol e Numancia, (1-1), póñenlle a alfonbra vermella a un Dpor que nos ten acostumados a dilapidar as ventaxes, pero que nos da un plus de forzas para pensar que os males poden sen menores, (a pesares do grandes que xa son).

 

O ENCONTRO

Depor-UP Langreo

Hora : 19:00/17:00 GMT

Campo : Estadio de Riazor

Árbitro : Alexander González González, (Colexio Canario)

Tv : TVG2

Internet : www.crtvg.es

 

O ÁRBITRO

Alexander González, no medio nun choque do Hércules.

O canario, Alexander González González, é o colexiado que dirixirá o encontro de Riazor. Alxander ten 32 anos de idade, suma con esta a sua sexta tempada na categoría de bronce, con 68 encontros dirixidos, dos que nesta dirixeu 8 encontros nos que amosou 44 cartóns amarelos, e 5 vermello, cunha media de 5´50 cartóns amarelos por encontro e ca media máis grande de vermellos dos que nos levan arbitrados con 0,62 por choque.

 

A LISTA DE CONVOCADOS

Rubén de la Barrera convocou a tódolos dispoñibles.

O técnico coruñés convocou unha vez máis a 20 xogadores , nesta caso ca baixa e Keko Gontán e a inclusión de Adri Castri e as consecuente baixas tamén por lesión de Borja Galán e Derik Osede.

 

AS MANIFESTACIÓNS

-Rubén de la Barrera :PREME AQUÍ.

-Lucho García : PREME AQUÍ

 

-Fotos : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Foto árbitro : Alicante Plaza

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies