A PREVIA : DEPOR-HUESCA : “NA PROCURA DUNHA MUESCA MÁIS”.

 

Encontro moi complicado ante un rival que se xoga aspirar o ascenso direto e que ten unha gran plantilla. Moito haberá que bogar se o miramos sobre o tapete, pero se o obxetivo dos aragoneses é importante o noso é máis, e en grande medida polas derradeiras arbitraxes que sufrimos nas pasadas xornadas. Un equipo o de Huesca na que hai varios ex deportivistas no seu plantel como Pablo Insua, Juan Carlos, ou Luisinho. Haberá que temer máis ca nada o nefasto colexiado Ais Reig, que pode ser malo para nós ou para eles. Fernando Vázquez terá que seguir o encontro dende o palco. debido a outro nefasto árbitro. e a un comité de disciplina que non mira para nada o que pasou cando houbo unha expulsión.

 

O ENCONTRO

Xornada : 38ª

Depor Vs Huesca

Hora : 17:00, (15:00 GMT)

Campo : Estadio de Riazor

Tv : mitele PLUS

Árbitro : Saúl Ais Reig

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

 Volven a lista Keko Gontán e Montero, o primeiro tras superar as suas molestias musculares e o segundo tras cumprir encontro de sanción por acumulación de cartós. Peru Nolaskoain ainda deberá esperar unha xornada máis e non estará o xuvenil Juan Rodríguez, e no seu sitio entra o meta, tamén xuvenil, Alberto, xa que Dani Giménez andivo con problemas esta semana van na lista os tres porteiros.

 

O ÁRBITRO

Todo que se diga sobre Saúl Ais Reig e pouco, xa que todos sabemos sobradamente do mal árbitro que é e do que é capáz nun encontro para levarse o protagonismo e todos se lembren dél. Un mal árbitro que fai anos que debería estar desembarcado. En 19 encontros leva sacadas 98, (si…98) cartóns, con 6 expulsados, e 8 penaltis pitados. A nós pitounos no encontro de fai 3 semanas ante o Sporting de Xixón, (0-0) e ao Huesca a derrota ante o Rayo, (2-0), na que amosou 7 cartóns no mes de Febreiro antes do parón polo Coronavirus.

 

ROLDAS DE PRENSA DESTACADAS

Fernando Vázquez : PREME AQUÍ

Borja Valle : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.