A PREVIA : DEPOR-EXTREMADURA : “ENCONTRO VITAL POLA PERMANENZA”.

 

Hoxe xógase en Riazor un encontro vital, sobre a mesa o máis doado dos tres que quedan, pois logo tocará visitar o Mirandés e recibir o Fuenlabrada para rematar a liga. Fernando Vázquez non poderá estar no banco en ningunha das 3 citas, por culpa dun mal árbitro que primeiro errou no campo perxudicando o equipo e a toda unha afección e logo minteu, (segundo Fernando), no acta, terxiversando a vedade e buscando e conseguindo perxudicar máis.

O Extremadura chega xa descendido, de seguro que non vai a regalar nada, basta ver o que lle pasou o Huesca, xogandose tanto, en Santander, (1-0), pero nunca será o mesmo que se se viñeran xogando estar vivos na permanenza. No banco visitante, un amigo, Mosquera, deportivista e x xogador de Fernando no Compostela de Santiago. Unha vitoria deprtivista practicamente daría a permanenza e faría que se xogasen os dous derradeiros choques con maior tranquilidade e a busca sen tanta tensión dalgún punto.

 

O ENCONTRO

Xornada : 40ª

Depor Vs Extremadura

Día : Domingo 12/07/2020

Hora : 17:00, (15:00 GMT)

Campo : Estadio de Riazor

Tv : mitele Plus

Árbitro : Dámaso Arcediano Monescillo

VAR : Aitor Gorostegui Fernández Ortega

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

Sen sorpresas na convocatoria na que non chega Peru Nolaskosin pero non polas suas molestias, senón por unha amigdalite. Tampouco estará evidentemente Uche Agbo pola sua lesión de gravidade e Salva Ruíz que segue con molestias. Polo demáis só queda fora o xuvenil Alberto e mantense o outro xuvenil Juan Rodríguez.

 

O ÁRBITRO

O encontro será dirixido polo árbitro de Puertollano, (Ciudad Real), Dámaso Arcediano Monescillo, de 35 anos de idade e pertencente o colexio castelán-manchego. Leva dirixidos este ano 21 encontros da 2ª División amosando 97 cartóns amarelos e nos que expulsou con dobre cartón a 4 xogadores e un con vermello direto. Pitou 7 penaltis. A nos dirixeunos os encontros Cadiz-Depor e Depor-Lugo, que ambos acabaron 0-0, e o gratamente lembrado Elxe 0-1 Depor, no que expulsou a Gaku a media hora de xogo cun vermello direto moi merecido por unha innecesaria falta moi dura. Os extremeños nesta tempada pitoulle tan só a derrota por 0-3 contra o Rayo na primeira volta.

 

ROLDAS DE PRENSA DESTACADAS

Fernando Vázquez : PREME AQUÍ

Eneko Bóveda : PREME AQUÍ

 

 

ARTIGO DE AUTOR

Álex Bergantiños : “O Donato coruñés” 

-PREME AQUÍ-

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.