A PREVIA : DEPOR-COVID-19 DE FUENLABRADA : “PARTIDO DE ALTO RISCO-PARTIDO DO RIDÍCULO”, (JA, JA, JA, JA…)

Permitídemos que desta volta non fagamos previa diste encontro do ridículo, das vergoña, pois todos sabemos o que é : unha pantomima, paripé, ridículo, patético, fraude, ets, etc, etc…

Un encontro que non se debería xogar hoxe, ou polo menos só, pois debería repetirse toda a xornada para solventar o desagravio que sufreu o RC Deportivo, pero saltándose as normas, a LFP e a RFEF co auspicio do Comité Superior de Deportes, consentiron que fose así, amosando a mafia na que está inmersa a dierección do fútbol español, por este  por un sinfín de desagravios máis, que os medios afíns a “familia Tebas”, encargáronse de presentar o Fuenlabrada como unha vítima e desprestixiando o RC Deportio.

Se a xustiza actua como tal o clube madrileño debería ser descendido, sancionado economicamente e dárselle o encontro por perdido, actuando coa lei na man e dando curso a tódalas cousas que infrinxeu deportiva e sanitariamente, saltándose a toureira todo o escrito e por escribir.

O encontro foi catalogado de alto risco, para así buscar que se actue se hai afeccionados na volta do campo, para así ter un pretesto máis co que actuar contra o RC Deportivo, polo que vos pedimos a tódolos deportivistas SENTIDIÑO, pois todos querríamos estar a pe de campo para amosar o noso cabreo e crispación ante todo o que se nos fixo e se nos está a facer.

O Depor tiña pensado non presentarse pero foron rápidos para ameazr cun descenso administrativo a Tercira División se non se presentaban. Foron rápidos para esto, para suspender o encontro o día 20 de Xullo, para decidir que se xogase o resto da xornada, para deter e interrogar a Álex Bergantiños…Pero non así para sancionar o Fuenlabrada, que acumula unha morea de neglixencias, nen para inhabilitar a Tebas por influir en todo o acontecido e dinamitar o RC Deportivo e as protocolos sanitarios, sendo cumplable visible destas e moitas cousas máis.

Pedimos xustiza!!!.