“A nosa seña de identidade : Máis difícil ainda!!!”
Sen dúbida hoxe é o derradeiro cravo ardendo o que agarrarse, pero no Deportivo somos así. Mira se perdemos unha liga no derradeiro minuto errando un penalti, se gañamos unha liga super apretada con 69 puntos, a puntuación máis baixa dun campión de liga, se gañamos unha copa en duas partes tras pedrascada histórica, ou outra o día do cumpleanos do equipo dos “españolitos”, na sua casa e polo medio da semana, ou gañamos unha liga no derradeiro encontro coa sombra do que pasara da anterior vez, podendo tela gañado moito antes. E a hora de descender?…O equipo na historia da 1ª División que baixou con máis puntos, (43), e por enriba…descnso por golaveraxe, ao igual ca desta derradeira vez, na que tras ser o mellor equipo da segunda volta, (xunto co Tenerife), baixamos por golaveaxe, e tralos despropósitos da LFP, CSD e RFEF, permitindo ao Fuenlabrada con todo tipo de infraccións continuar na categoría.
Con todo esto e moito máis que poderíamos lembrar de que sempre buscamos a parte más difícil das cousas, tanto para o bo, coma paa o malo…porque desta volta non pode pasar o mesmo e seguir coa nosa seña de idantidade?…Para iso hai que comezar gañando hoxe e sumar se pode ser os puntos todos e que os demáis vaian froxeando, que tampouco sería raro, pois se para os nosos é árduo difícil gañar todo, tamén o é para os que están por enriba de nós. Para todo esto hoxe só valen os 3 puntos, ante un equipo reforzado e con nvo técnico que xa sacou 1 punto ante un Pontevedra tan necesitado coma nós e con Luisito como novo patrón.
O ENCONTRO
Depor-CD Guijuelo
Hora : 17:00/116:00 GMT
Campo : Estadio de Riazor
Árbitro : Gonzalo Saiz Pérez, (Colexio Cántabro)
Tv : TVG2
Internet : www.crtvg.es
ÁRBITRO
Gonzalo Saiz, no centro da imaxe na saida o campo dun encontro.
Gonzalo Saiz Pérez, é o colexiado que dirixirá o encontro de Riazor. Cántabro de Los Corrales de Buelna, recén cumproidos os 33 anos o pasado xoves, suma con esta a seua terceira tempada na categoría de prata, con tan só 24 encontros dirixidos, dos que nesta dirixeu 4 encontros nos que amosou 19 cartóns amarelos, e ningún vermello, cunha media de 5,25 cartóns por encontro. Nas anteriores campañas que leva na 2ª B sempre superou os 5 cartóns por choque. Non lle custa sacar o vermello, pois nos 24 encontros que leva nesta categoría xa amosou 5. Decir que cando ascendeu, foi elixido con diferenza como o mellor árbitro da 3ª cántabra.
LISTA DE CONVOCADOS
Rubén de la Barrera citou a todo o seu cadro de xogadores, 22 futbolistas, para recibir ao Guijuelo, en partido correspondente á 14ª xornada no subgrupo A da Segunda División B.
Entra na convocatoria Lucho García, que se recuperou satisfactoriamente dunha fractura no nariz. O meta colombiano adestrouse xa toda a semana co grupo, sempre cunha máscara de protección. Asimesmi entrou Keko Gontán que adestrou a parte toda a semana.
Con respecto a anterior convocatoria quedaron fora Adri Castro e Pablo Brea que volven ao Fabril.
MANIFESTACIÓNS
-Rubén de la Barrera : PREME AQUÍ.
-Rayco : PREME AQUÍ
-Fotos : piratasdemuxia/RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia
-Foto árbitro : www.contrameta.com