A PREVIA : DEPOR-C.VIGO B : “PRIMEIRO PRATO DUN LONGO MENÚ”.

 

Depor-C.Vigo B

Hoxe comeza un longo camiño hacia o ansiado ascenso. O equipo chega con ausencias, apuntando boas maneiras, pero ca incertidume do que pasará. O único seguro é que vai a estar ben respaldado. Onte a Oficina de Atención o Deportivista pechaba as suas portas superando os 15.000 socios dados de alta, concretamente 15.420. O aforo para este encontro, ofrecido polo SERGAS, é de 14.200, unha cifra a que de seguro non se chegará dado que moitos socios por cuestións laborables, non poderán estar en Riazor. Exemplos?…Os mariñeiros que saen o Domingo na tarde-noite aos caladeiros galegos a faenar, para toda a semana, os rapaces/zas, que traballan en hostalaría con traballos de verán, os que están fora de vacacións…

Borja Jiménez debuta coma a grande maioría dos seus xogadores en Riazor, na procura de dobregar a un C.Vigo B, que de filial de canteira ten moito pouco, ainda que pretendan vendelo así, os xornalistas afíns o clube pontevedrés. Un equipo feito coma calquera outro da división, traendo xogadores de tódolos sitios.

Pode considerarse este un derbi ao ser equipos da mesma comunidade, pero decir que é “o derbi”, é de analfos que non coñecen, ou coñeceron, os verdadeiros derbis. Este é un encontro de incio, coma se se xogase ante o Badajoz.

O árbitro

Pedro Eugenio Muñoz Piedra, é un colexiado andaluz de Jaen que ten 37 anos e leva na 2ª B dende a tempada 2013/14, polo tanto esta é a sua 9ª tempada na categoría, ainda que agora se chame 1ª RFEF, segue a ser a 3ª División do fútbol español. Leva dirixidos nesta categoría 99 choques, polo que este será o de 100, cousa que non esquecerá polo campo no que vai a ser. A pasada tempada dirixeu 10 encontros e ensinou 69 cartóns, 2 deles vermellos, cunha media de 7 por encontro. Co paso dos anos foise amansando, pois na sua primeira tempada na división, amosou 95 cartóns, 4 deles vermellos. 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia