Encontro no que Riazor recupera a afección no campo cun milleiro de socios que terán a oportunidade de ver e animar o equipo. Un choque no que o equipo visitante é unha incerteza o tratarse dun filial.
A prensa trata de vestir de derbi de rivalidade o tratarse do filial do C. Vigo, pero nin siquera de lonxe. Toda a razón do que dixo en rolda de prensa Fernando Vázquez ; “A rivalidade é co Celta, non co filial”.
O ENCONTRO
Depor-C. Vigo “B”
-Día : Domingo 13 de Nadal
-Hora : 17:00/16:00 GMT
-Campo : Estadio de Riazor
-Árbitro : Fernando Román Román
-Retrasmitido por : TVG 2/TVG Internacional
-Internet : http://www.crtvg.es/
ÁRBITRO
Fernando Román suma a sua 11ª tempada na categoría.
O colexiado que dirixirá o encontro de Riazor é o palentino Fernando Román Román, con 32 anos de idade é un dos veteranos da liga, xa que leva con esta, 11 tempadas na categoría, nas que dirixeu 135. Nesta tempada dirixeu 2 encontros nos que amosou 7 cartóns amarelos e 1 vermello. Un dos colexiados máis tarxeteiros da liga con media ata por enriba dos 8 cartóns por encontro.
Como anécdota comentar que Fernando Román Román, destaca pola sua capacidade para sacar caríns e chegou a sacar nun Rayo Majadahonda-Cartagena FC un total de 15 cartóns.
LISTA DE CONVOCADOS
Miku é a gran novidade na convocatoria de 18 xogadores de Fernando Vázquez para o encontro de hoxe.
O dianteiro deportivista adestrouse toda a semana con normalidade co grupo e onte mesmo recibiu o visto e prace dos Servizos Médicos branquiazuis.
Caen da convocatoria ademáis do sancionado con 2 encontris, Lara, os lesionados, Keko e Derik. De ambos futbolistas falou onte o técnico deportivista na rolda de prensa de onte : “Para a semana que vén Derik entrará connosco seguramente. E Keko tamén. Quedariamos un pouco libres de lesionados. Esa é a miña expectativa. Se van xogar en Copa do Rei ou no Trofeo Teresa Herrera confirmarémolo posteriormente. Pero de inicio está moi moi preto. Estamos contentos porque así sexa”.
-Foto e Texto : piratasdemuxia
-Foto convocados : RC Deportivo
-Foto do árbitro : Federación de árbitros de Canarias