A PREVIA DA GRAN FINAL DA “II COPA DA COSTA FEMININA” : “DUELO DE HEROINAS ANTRE BERGANTIÑOS FC E CF NOIA”.

 

Este vindeiro Domingo a partires das 12:00 horas no “A Fontenla” de Santa Comba, terá lugar a Gran Final da “II Copa da Costa Feminina” de fútbol, (dende que a fai a RFGF), unha Copa que estará dirixida por David Cancela García, e que enfrontará, tal e como vos fomos informando de toda esta competición, o Bergantiños FC e o CF Noia.

O Bergantiños FC chega a esta final, tras derrotar nas semifinais ao UD Cerqueda, (0-3 e 6-0), sen coñecer a derrota, con 9 goles a favor e 0 en contra. As bergantiñanas, entraron nas semifinais, e veñen de primeiro ser campionas do seu grupo na 1ª División Feminina G1, con 10 encontros gañados, 1 gañado, e 3 perdidos, con 31 goles a favor e 9 en contra. Na Fase de ascenso, quedaron terceiras con 18 puntos, os mesmos cas segundas o CD Lugo.

O CF Noia chega a esta final tras gañarlle ao UC Cee, 4-3, e logo empatar, 1-1, na volta, e derrotar en semifinais ao Xallas FC, por 3-0, e na volta pasar nos penaltis, tras empatar no tempo de xogo a eliminatoria por parte das xalleiras, (3-0). As noiesas veñen de ser campioas da 2º División Galega Feminina G3, gañando 18 encontros, empatando 2 e sen saber o que era a derrota, coa frioleira de 106 goles a favor, e tan só 21 en contra.

Polo tanto un duelo de heroinas, campionas de liga, que queren rubricar a sua excelente tempada con esta copa.

Lembrar que ainda que o CF Noia non é un equipo da Costa, si o foi antigamente, este é un dos motivos polo que foi invitado a participar, así como que na pasada tempada compartiu liga co UD Cerqueda, Xallas FC e UC Cee.

 

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia