A PREVIA DA FINAL DA “LVII COPA DA COSTA” : “DUELO DE AVIÓNS DE COMBATE”.

 

Este vindeiro Domingo 3 de Xullo no “A Fontenla” de Santa Comba enfrontaranse dous equipos cuns números de altísimo nivel. Dous equipos cunha forza defensiva extraordinaria, en especial nesta copa, e con un ataque poderoso…Dous avións de combate fronte a fronte.

O SD Fisterra na liga perdeu 4 encontros, e na Fase de Ascenso outros 4, caeu por derradeira vez 0 29 de Maio, no derradeiro encontro da Fase, ante o Atlético Coruña Montañeros, (4-0), cando xa non se xogaba nada. Suman os fisterráns 17 encontros gañados, 11 empatados e 8 perdidos, (antre as 3 competicións), con 62 goles a favor e 41 en contra. Na Copa suman, 4 vitorias, con 13 goles a favor e tan só 2 en contra, sendo o seu máximo referente, Adrián “Makaay” con 6 goles en 4 encontros.

Deixaron os fisterráns na cuneta ao Soneira, (1-3). Coristanco, (0-5), Volantes, (0-2) e Muxía, (1-3). Xogando sempre de visitantes pola sua condición de ser de Preferente, sendo de superior categoría co resto de equipos cos que se enfrontaron.

O SCDR Esteirana de 26 encontros que leva xogados, antre as 3 competicións, (Liga da Costa, Fase de Ascenso e Copa), tan só perdeu 1 e empatou 1, ambso en Liga. O derradeiro encontro que perdeu, foi na Liga, o 17 de Marzal, que caía ante o Muxía CF por 2-1. Un equipo xunha capacidade goleadora enorme, con 82 goles a favor e tan só, 16 en contra. O seu máximo referente en ataque na Copa é Raúl Lestón, que suma 5 goles en 5 encontros.

Deixaron os esteirán na cuneta a : Atlético Pereiriña, (0-8), Dumbría, (1-2), Monte Louro, (0-3) e Castriz, (3-0). Xogaron como visitantes en 3 dos 4 choques desta Copa”.
.
.
SD Fisterra-SCDR Esteirana
Día : 03/07
Campo : A Fontenla, (Santa Comba)
Hora : 19:00
Árbitro principal : Bruno Méndez Castro
Árbitros Asistentes : Óscar Santos e Chrístian Sendón
Cuarto Árbitro : David Vázquez
.
.
COMO VELO ENCONTRO
No caso de que non te poidas acercar a Santa Comba, pois o campo non é o máis céntrico da costa, ou se estás fora, podes seguir o encontro pola TVG2 dende ás 19:00 horas.
.
.
.
.
-Foto e Texto : piratasdemuxia