A PREVIA : CIDADE DE CRISTAL Vesus CIDADE DEPARTAMENTAL : “NON VALEN EXCUSAS”.

 

Cidade de Cristal versus Cidade Departamental

Decir que é un encontro complicado é faltar a realidade. Non facemos máis ca oir que a 2ª B é moi complicada, que os rivais son complicados, que os campos son complicados, etc…Se as demáis ligas non fosen complicadas agora mesmo estarámos en 1ª División loitando polo título, pero a realidade é que o complicado é confeccionar unha boa plantilla e facer que funcione. Nunca se vai a estar a gusto de todos e tampouco se vai a disgustar a todos, pois ´so se escoitan os que falan e escriben. Os que calan ninguén escoita a sua opinión, favorable ou desfavorable. 

O mellor do encontro de hoxe é que se xoga en Riazor, sen púbrico, pero en Riazor. O equipo terá que tentar lavar a imaxe do esperpéntico encontro da pasada semana en Guijuelo, cabe decir que por parte dos dous conuntos, que practicaron calquer cousa menos fútbol. Hoxe visita o noso estadio, un coñecido dunha cidade na que hai máis deportivistas que racinguistas. Unha cidade que moitos que fixemos a mili a coñecemos e na que unca houbo, (por desgraza), moita afección o seu equipo, pero os que son, teñen ao Depor coma un rival ao que astían.

Non valen disculpas e os xogadores que ten o Depor, por nome, deberían gañar tódolos encontros como locais, calquer resultado diferente sería un fracaso sen excusas.

 

O ENCONTRO

Depor-Racing de Ferrol

-Día : Domingo 29 Novembro

-Hora : 19:00/18;00 GMT

-Campo : Estadio de Riazor

-Árbitro : Vicente Moral Alfonso

-Retrasmitido por : TVG 2/TVG Internacional

-Internet : http://www.crtvg.es/

 

ÁRBITRO

Vicente Moral nun encontro en Riazor como 4º árbitro.

 

O colexiado que dirixirá o encontro de Riazor é dos veteranos da competición. Salmantino de 37 anos e que leva 11 anos na categoría, sendo o segundo con máis encontros na categoría con 143. Nesta tempada tan só dirixeu 2 encontros nos que amosou 8 cartóns amarelos e ningún vermello. Nos 143 econtros que leva dirixidos ten unha media por enriba das 5 cartulinas amarelas, e moi poucas vermellas cun 0.42% .En 2011 actuou como cuarto árbitro nun Depor-Real Madrid, onde tivo os seus máis e os seus menos con Mourinho. Ramén, xa na 2ª B no 2017, expulsou aos recollebalóns nun partido do Pontevedra CF en Pasarón, ao considerar que non estaban a cumprir o seu labor durante a segunda metade. 

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

 

Diego Rolan é a principal novidade na convocatoria de 19 xogadores citados por Fernando Vázquez para o partido de hoxe domingo 29 de novembro en Riazor ante o Racing de Ferrol.

Do ariete uruguaio falou o técnico deportivista o venres na rolda de prensa previa ao encontro: “Está ben. É unha cuestión de estado de forma. O que me parece máis importante é saber cando sería máis interesante en que momento… 90 minutos vaille a custar”.

Na lista entran tamén Valín, que hoxe recibiu a alta médica despois de superar unha escordadura de nocello; e o fabrilista Adri Castro, de regreso despois de ser baixa en Guijuelo a causa do illamento que tivo que cumprir ao ser contacto estreito cun caso positivo de COVID-19.

Por contra, caen por lesión Derik, Miku e Keko, este por mor dunhas molestias no xemelgo dereito. Xa onte Fernando Vázquez cualificou o caso do atacante madrileño ante os medios de comunicación como “unha dúbida alta. Hoxe (por onte) tivo malas sensacións. Imos ver mañá (por hoxe)”. Finalmente, Keko será baixa ante o Racing de Ferrol.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies