A PREVIA : CD TENERIFE Vs DEPOR : “A PROCURA DE 3 PLÁTANOS MÁIS”.

 

Un encontro máis de importancia vital a prucura de acadar canto antes as 2 vitorias mínias que nos fan falla e que de acadalas pronto xa se podería ter un final de liga prácido, sen pensar en nada máis salvo debacle dos de arriba, pero que tería un valor dobre xa que se podería pensar na seguinte tempada e ila proxectando. O rival non é nada doado, tras pasar moitos apuros sacou unha boa xira de resultados que o fan un candidato a loita pola promoción. Os tinerfeños veñen de sacar ante o lider Cadiz, unha vitoria das que levantan a paletilla,, (2-0), e non é disculpa que os gaditanos se quedasen con 10 moi pronto, (senón que lle pregunten o Elxe). O equipo canario ocupa a 8ª praza con 49 puntos, (a 2 da promoción), e tras gañar 13 encontros, empatar 10 e peder 13, con 44 goles a favor e recibir 39.

 

O ENCONTRO

Xornada : 37ª

CD Tenerife Vs Depor

Hora : 19:30, (17:30 GMT)

Campo : Estadio Heliodoro Rodríguez López

Tv : mitele PLUS

Árbitro : Miguel Ángel Ortíz Árias

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

A principal novidade da convocatoria de Fernando Vázquez para o encontro ante o CD Tenerife é a inclusión de Gaku Shibasaki, que se perdeu o encontro ante o SD Ponferradina por sanción, tralo vermello direto visto en Elxe. Cáese da lista Montero, que cumprirá a sua segunda serie de acumulación de cartóns. Dos canteiráns están Gandoy e Valín e quedan fora o meta xuvenil Alberto e o xa recuperado, tamén xuvenil, Juan Rodríguez.

Non estarán os lesionados Peru Nolaskoain e Keko Gontán, que poderían estar para o seguinte choque ante o Huesca en Riazor do vindeiro Domingo 5 de Xullo a partires das 17:00 hras, (15:00 GMT).

 

O ÁRBITRO

O encontro será dirixido polo árbitro madrileño Miguel Ángel Ortíz Árias, nado en Madrid fai 35 anos e que nesta tempada leva arbitrados na Segunda División Española de Fútbol, un total de 16 choques, amosando 85 cartóns amarelos e 3 vermellos, 1 deles de maneira direta e pitou 9 penaltis. A nós dirixeunos esta tempada o empate en Riazor ante o Mirandés, (1-1) e o de Riazor, e a derrota ante a Ponferradina na primeira volta, (2-0). O CD Tenerife dirixeulle a vitoria sobre o Numancia, (3-2), na casa na 2ª xornada. 

 

ROLDAS DE PRENSA DESTACADAS

Fernando Vázquez : PREME AQUÍ

David Simón : PREME AQUÍ

 

CALENDARIO DEPOR

 

-Foto e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies