A PREVIA : CD MIRANDÉS-DEPOR : “MEDO ME DA”.

 

Na pasada previa do Depor-Extremadura decía un amigo deportivista : “Miedo me da”, ante a sensación de que todo estaba de cara. O equipo extremeño chegaba a Coruña xa descendido, con Mosquera e Pinchi no equipo, dous compoñentes criados no RC Deportivo e sen xogarse nada. A realidade foi a de darse cun canto nos dentes o que fixo que o deportivismo sufrise un disgusto maior, por culpa dun equipo que non deu a cara e que tras facer unha remontada histórica se empeñen en tirala por terra, ou como se diría no argot mariñeiro : “Nadar, nadra e a beira morrer”.

Esperemos que iste dito non se cumpla e que todos naden para alcanzar a beira e poder meterse a salvo e pechar dunha vez por todas esta tempada tan dura que levamos vivido, polo deportivo e polo humano coa pandemia. Non cabe nada que falar do adversario, que ten opcións moi remotas de meterse no “Play-Off”, eso sí, son un dos equipos que mellor fútbol practican do campionato, o que os levou a cotas altas na Copa do Rei e a acadar a permanenza sen problemas, sendo o terceiro presuposto da categoría. Só cabe que os deportivistas sexan ese equipo de fai uns meses que non daba un balón por perdido e tratar de sumar os 3 puntos e como mal menor non perder, pero a clave son os 3 puntos, que darían cáseque a permanenza, (dependendo de resultados dos outros), cun choque en Riazor na recámara.

 

O ENCONTRO

Xornada : 41ª

CD Mirandés Vs Depor

Día : Venres 17/07/2020

Hora : 21:00, (19:00 GMT). Horario unificado.

Campo : Estadio Anduva

Tv : Movistar LaLiga 3

Árbitro : Víctor Areces Franco

VAR : Isidro Díaz De Mera

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

Entra como novidade na lista de convocados Peru Nolaskoain tras superar as suas molestias, que o tiveron algo máis do esperado, xa que tivo unha semana de intermitencias nas suas dores. Tamén entra tras superar as suas doenzas o lateral esquerdo Salva Ruiz, caéndose da lista o canteirán Valín, así coma o lesionado Luis Ruíz.

Destacar tamén a entrada na lista, ante a dúbida que había de Emre Çolal tralo acto inmaduro de non presentarse no adestramento do luns, ir a adestar él só o martes e pedir perdón a todos e adestrar a parte o mércores. Fernando Vázquez optou por levalo e perdoarlle o acto de indisciplina.

 

O ÁRBITRO

Víctor Areces Franco, asturiano de Avilés de 34 anos de idade, dirixeu na categoría esta tempada 20 encontros, amosando 124 cartós amarelos, dos que en 3 ocasións acarrearon expulsión por dobre amonestación, ademáis de amosar 4 vermellos diretos e pitar 8 penaltis.. A nós dirixeunos a vitoria ante o Albacete, (0-1). Pola sua banda aos mirandeses dirixeulles o empate na casa ante o Málaga, (1-1), e a derrota en Almería, (3-1), ambos da primeira volta. No VAR estará, Isidro Díaz De Mera, castelá-manchego que nos pitou a derrota en Huesca, (3-1), así como a de Riazor co Elxe, (1-3). Un colexido que expulsou no campo a 11 xogadores en 21 encontros e pitou 8 penaltis.

 

ROLDAS DE PRENSA DESTACADAS

Fernando Vázquez : PREME AQUÍ

Fernando Vidal : PREME AQUÍ

 

OS NOSOS RIVAIS E OS SEUS CALENDARIOS

Tódolos encontros hoxe venres e o luns 20 de Xullo a partires das 21:00 horas, (19:00 GMT).
Os noso rivais pola permanenza son o Real Oviedo, (50), Málaga, (49 puntos), Ponferradina, (48 puntos), Numancia (47 puntos), Lugo (46 puntos), e Albacete (46 puntos). Unha loita da que dous equipos caerán o pozo da 2ª B saindo do fútbol profesional, acompañando a Racing de Santander e CD Ectremadura.
O que mellor o ten é o Real Oviedo que lle bastaría sumar ante o Racing de Santander hoxe ou ante o Elxe o luns, e ata lle poderían chegar os 50 puntos que ten. 
De todos eles, sobre o papel, o que peor o ten é a Ponferradina, que recibirá ao Almería hoxe e visitará ao Zaragoza o luns, ambos equipos loitando polo ascenso direto. O equipo andaluz está a un punto dél e os aragoneses a dous.
O Numancia ten que medirse hoxe ao Huesca no Alcoraz que tratará de seguir no privilexado posto de ascenso direto. O luns o equipo soriano recibirá ao Tenerife, que actualmente está a tres puntos do “Play-Off”.
O Lugo, que marca a zona de descenso, visitará hoxe ao Tenerife, a tres puntos da zona da promoción e na derradeira xornada, recibirá ao Mirandés, que está a cinco da promoción, pero podería chegar ao último encontro sen nada en xogo, dependendo do que faga hoxe ante o Depor, pero con todo eso terían que falar moitos para acadar a susodita promoción.
O Albacete, en descenso cos mesmos 46 puntos co Lugo, recibe o venres a un Zaragoza que como dixemos anteriormente está dous puntos do ascenso direto, e luns vista ao Cádiz xa ascendido.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.