A PRENSA MADRILEÑA ATACA CON TODO O DEPORTIVO TRATANDO DE LIMPAR AS MANOBRAS DE TENBAS E DO FUENLABRADA.

 

A prensa madrileña, con gran poder no estado español ataca indiscriminadamente o RC Deportivo, que non fai máis ca defender os seus dereitos xusto despois de que fora supendido o encontro ante o Fuenlabrada, e xogandose o resto da derradeira xornada, infrinxindo a norma da derradeira xornada unificada.

Ata chegaron a decir nalgún medio que “se o Depor queda na 2ª División deberían silbarlle os afeccionados en tódolos campos”. Eses campos nos que cada encontro se oe o berro de : “Tebas vete ya!!!”, un individuo que se tivese dignidade xa tería dimitido habida conta de que é o culpable de todo o que está a pasar, incluido o problema de saúde. Un individuo que ata amenazou a Xunta de Galicia, o goberno dun país de máis de 2,7 millóns de habitantes.

Xente coma o xornalista González decindo que se descende o Fuenlabrada sería unha “salvaxada”, onde andaba cando baixou o Depor por un amaño, ou cando mataron a paus e patadas a Jimmy, ou cando decenderon o Elxe e salvouse o Eibar, ou cando lle pitaron o penalti dirixido o Albacete que adulterou máis a competición, ou cando descenderon o Murcia, etc, etc…Agora un equipo viaxa por España sabedor de que ten contaxiados e cada hora fóronse sabendo máis e máis mentiras, infraccións, neglixencias, atentados contra a saúde e o deporte, onde staba este, o Fouto e outros mercenarios de Tebas?.

O RC Deportivo defende os seus dereitos e detrás ten unha afección de milleiros de persoas que desta vez decimos : “Basta xa!!!”…Se todo se houbese feito ben estaríamos posiblemente en Segunga B e sen rechistar, pero estó é indefendible e Tebas era o primeiro que tiña que deixar o seu cargo por todo o feito agora e nestes anos contra os afeccionados que somos os que enchemos os campos, pero vese as craras para quen traballan todos estes e porque se vai de “rositas” unha e outra vez nunha dictatorial LFP.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.