A PORTEIRA YOHANA GÓMEZ NOVA XOGADORA DO DEPORTIVO FEMININO E PECHADO O SEGUNDO AMIGABLE DO DEPOR QUE SERÁ EN VILALBA…RAFA DE VICENTE DESPÍDESE DO DEPOR E O DEPORTIVISMO.

Yohana Gómez Camino (San Pablo de los Montes, Toledo, 20 de xaneiro de 1994) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para a campaña 2022-2023.

A porteira toledana aterra no Dépor ABANCA procedente do Rayo Vallecano, equipo co que xogou 4 partidos de Primera Iberdrola e 1 de Copa da Raíña a pasada temporada.

Yohana comezou a súa carreira nas filas do CDE Gálvez (2008-2012) e do CDE Guadamur (2012-2013), antes de pasarse un ano ao fútbol sala, co Almagro FSF (2013-2014). Despois de regresar ao CDE Guadamur (2014-2017) fichou polo CD Tacón (2017-2020) e xogou no Real Madrid CF na primeira temporada da súa historia (2020-2021). No conxunto branco compartiu portería con dúas coñecidas do deportivismo: Ana Valles e Misa.

Yohana súmase ao cadro deportivista tralas renovacións de Ainhoa Marín, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Raquel García, Patri López, Aroa e Carlota Sánchez, máis Cris Martínez e Eva Dios, con contrato en vigor, e as fichaxes de Carlota Suárez, Millene Cabral e Marta Charle.

 

O segundo amigable do Depor será en Vilalba

Xa é un clásico da pretempada que o Depor visite Vilalba, facíao cando tiña a pretempada alí, contra o Racing Club Vilalbés, e ségueo a facer ainda que a pretempada sexa en Abegondo. 

A segunda parada da Dépor Xira Integralmotion 2022 xa ten data e lugar. Será o sábado 30 de xullo a partir das 18:30 horas no campo municipal da Magdalena en Vilalba. O Racing Villalbés recibirá ao Dépor no partido máis tradicional de cada pretemporada e coa retransmisión en directo por parte da canle oficial de Youtube do Club: www.youtube.com/RCDeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

As entradas custan 10 euros, véndense anticipadamente para grupos a través do teléfono 600 799 853, de forma anticipada nas oficinas do club lucense a partir do martes 26 e o propio día do partido nos despachos de billetes do Estadio da Magdalena.

O primeiro será, como xa vos contamos, en Arteixo ante o Atlético Arteixo, un choque que terá lugar no Ponte dos Brozos, con entrada a 10 euros, e de balde para os socios do equipo arteixán, o 23 de Xullo, ás 19:30 horas, tamén retrasmitido pola canle de YouTube do RC Deportivo. O choque valerá para facerlle unha homenaxe a Don Arsenio Iglesias, o noso mister de por sempre.

 

 

Rafa de Vicente despídese do RC Deportivo e a afección :

 


 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies