A PORTEIRA ASTURIANA, ANA VALLES, NOVA XOGADORA DO DEPORTIVO FEMININO.

 

Ana Valles Camisella (Xixón, Asturias, 15 de agosto de 1997) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para a campaña 2021-2022.

A gardameta asturiana chega procedente do CF Pozuelo de Alarcón, co que xogou a pasada campaña en Reto Iberdrola despois de cinco temporadas na máxima categoría nas filas do Rayo Vallecano e o CD Tacón.

Após militar nos seus comezos en tres clubs da súa terra (CD La Braña, Real Sporting de Gijón e Oviedo Moderno CF), en 2015 uniuse ao Rayo Vallecano, co que xogou catro campañas en Primera Iberdrola, ás que hai que sumar unha máis, a 2019-2020, co CD Tacón. Na máxima categoría, Ana Valles suma 38 partidos.

O pasado curso, co CF Pozuelo de Alarcón, disputou 15 encontros na segunda categoría. O equipo madrileño acabou no 15º posto do Grupo Norte de Reto Iberdrola, polo que non puido manter a categoría.

Internacional sub-16 en 2013, non volveu recibir a chamada da selección española ata que foi convocada por Jorge Vilda para o combinado absoluto en abril, maio e xuño de 2019 durante a preparación previa ao Mundial de Francia. Con todo, non chegou a debutar nin estivo na convocatoria final para a Copa do Mundo, á que acudiron Lola Gallardo, Sandra Paños e Mariasun Quiñones. Igualmente, participou nunhas sesións de adestramento do equipo absoluto promesas dirixido por Montse Tomé en novembro daquel mesmo ano.

-Foto e Texto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies