A “Ponte do Día primeiro de maio”, trouxo varios famosos a Muxía, (José Luis Perales, Manuel Regueiro, Octavio Villazala, Salva Martínez)..

A pasada fin de semana da “Ponte do primeiro de maio”, foi especial en Muxía pola grande cantidade de visitantes que tivo o pobo, con abarrote no Santuario e nos seus aledaños así coma por todo o pobo, e lugares de interese do concello. Foi unha pequena Semana Santa, nun pobo que está de moda como lugar de relax en especial para hospedarse e disfrutar da gastronomía.

Unha peregrinación dunha asociación de usuarios de Peugeot 205 chamou a atención de propios e estranos. Primeiro pararon na Barca e logo estiveron en exposición para os curiosos na explanada do Malecón.

Pero na hostalaría houbo visitantes famosos, ou chamémoslle moi coñecidos, algúns o reclamo do Parador, e outros ao interese de coñecer Muxía ou mesmamente para cumprir ofrendas.

Polo restaurante ” A Lonxa d´Álvaro, do noso amigo, colaborador, peñista e cliente, Álvaro Rodríguez pasaron a degustar as delicatessen dos nosos mares e terras o cantautor, compositor, poeta e productor musical, o conquense José Luis Perales, un dos grandes da música española con máis de 55 millóns de discos vendidos na sua carreira, con 27 produccións e máis de 500 cancións rexistradas na Sociedad General de Autores de España e con máis de 100 discos de ouro por ventas no seu haber.

Outro dos que se pasou polo seu local foi o actor pontevedrés Manuel Regueiro que actualmente trunfa ca serie La promesa, pero moi coñecido por series como Raquel busca su sitio, El comisario, Al salir de clase, Ana y los 7, Hospital central, Amar en tiempos revueltos, Herederos, Física o química, Matalobos, Serramoura, El secreto de Puente Viejo…Regueiro foi Premio Mestre Mateo no 2012 e 2017.

Tamén estivo un dos coñecidos da TVG, Octavio Villazala, lugués que domina a perfección desde fai máis de 35 anos a conducta canina e felina, sendo pioneiro nestes eidos a nivel mundial e que participa en programas da Galega como comentarista sobre todo tipo de mascotas.

Todos posaron ca camiseta do CF Muxía do que Álvaro foi presidente e xogador e é colaborador e desexáronlle a maior das sortes para a final da Copa da Costa do vindeiro 24 de Maio en Vimianzo ante o Malpica.

Polo restaurante do noso amigo e cliente, Manuel Antelo, “A Casa do peixe” pasouse un dos iconos da hostalaría valenciana, tal como xa vos informamos, o chef Salvador Martínez, xerme dos locais de restauración valencianos, “El goro y el flaco”, “El Gordo”, “El flaco”, Aperitivos Bar… unha cadea que hoxe en día levan os seus fillos e que suma un total de 28 restaurantes, hamburgueserias, locas de tapas…da Comunidade Valenciana. Salva degustou as delicatessen de posiblemente o local con máis variedade de pescado da zona e veu a cumprir unha ofrenda Virxe da Barca.

.

-Fotos : Alvaro Rodríguez e Xosé Búa

-Texto : Xosé Búa “Pirata”