A PEÑA DEPORTIVISTA MG BETANZOS LÉVASE O “I TORNEO FEPEDEPOR” NO GOL DE OURO ANTE A PEÑA DEPORTIVISTA BEBEL DE GUITIRÍZ, (5-6).

 

Peña Deportivista Bebel 5-6 Peña Deportivista MG Betanzos

Verdadeiramente non se pode dicir que a gran final do “I Torneo FEPEDEPOR PlayStation FIFA20”, fose “light”, pois todo o contrario desborodu emoción ata o derradeiro segundo, non puido acabar de mellor maneira despois do grande nivel visto no campionato por medio de tódalas peñas.

Nunha final de poder a poder na que se un se poñían 2-0, o outro remontaba, para que volvese a tomar a  ventaxe o equipo remontado, e así ata o final do tempo de xogo qe acabou 5-5. Todo quedaba supeditado a o “gol de ouro” ou a que se tivera que ir os penaltis. Verdadeiramente o “gol de ouro” non gusta moito, pero os penaltis tamén son unha lotaría. O final quen marcou o gol que lle daba a vitoria era Xián para os betanceiros, e deixaba a Esteban de Guitiríz co mel nos beixos. Caeu dunha banda como podía caer da outra. É o que ten este sistema, pero para nós, tódolos que participaron son campiós, aos igual ca Federación de Peñas, que fixo un enorme traballo. E felicitar o traballo tamén de XPeSPORTS, na orgañización e control do evento, que deixa gañas de máis.

 

 

Na loita polo terceiro e cuarto posto, tamén houbo igualdade coma se se tartara dunha final e foi a Peña Deportivista A Tablilla a que se levou o trunfo por 5-3.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

-Cadro : Federación de Peñas RC Deportivo

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.