O RC Deportivo activa a operativa para poder dar de alta novos abonos para a Temporada 2021-2022.
A posibilidade de dispor de asento con novo abono habilitarase en dúas fases e en ambos os casos será necesario solicitar cita previa para realizar a xestión. A cita previa hai que solicitala sempre en citaprevia.rcdeportivo.es.
De luns 13 a venres 17 de setembro só poderán darse de alta como abonados con asento asignado o Socio Amigo e Nen@ Dépor da temporada pasada ou xa renovados esta que, para o que queda de curso, desexen cambiar de modalidade e pasar a ter carné con acceso ao resto dos partidos do ano.
A partir do luns 20 de setembro, sempre con cita previa na web citaprevia.rcdeportivo.es
As horas de cita previa atópanse enmarcadas dentro do horario de atención ao público da Oficina de Atención ao Deportivista, de luns a venres, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.
Ademais, segue sendo posible renovar o abono da pasada temporada sen cita previa nin esperas, as 24 horas do día en rcdeportivo.es/abonos.
A vindeira semana 20.000 en Riazor
A vindeira semana visita Riazor un dos favoritos ao ascenso, o CD Badajoz. Será o sábado 19 a partires das 19:00 horas e coas novas leis sanitarias, Riazor poderá ter un 40% de aforo, o que representa en torno aos 20.000 afeccionados no estadio. Esta foi unha das razóns polas que o clube activou o de permitir novas altas de socios.
-Texto e Foto : RC Deportivo/piratasdemuxia