Yeremay podería perderse o Depor-Eibar.
Este vindeiro luns debutará Óscar Gilzán como adestrador do Depor en Riazor e como adestrador de pleno dereito, (en Cartagonova fíxoo de interino), para o encontro antre o Eibar o vindeiro luns, (20:30 horas, 19.30 GMT), o técnico betanceiro non poderá contar por lesión con Ximo Navarro, Jaime Sánchez, Mfulu e José Ángel, que arrastran diversas doenzas e está no aire a participación de Yeremay Hernández xa que foi convocado pola Selección Española Sub 21 para a preparación de dous encontros internacionais.
O RC Deportivo xa fixo a petición de que o “máxico 10” deportivista poida incorporarse o combinado nacional máis tarde e lle permitan xogar co Depor ante os eibarras. A baixa do canaría sería moi importante para Gilsánz xa que é un dos xogadores máis importantes da plantilla.
No lateral dereito a baixa de Ximo Navarro deixa a Petxarroman só para esa posición, e ainda que o cadete Pablo García podería acompañar o primeiro equipo, tamén sufre molestias. Sempre queda a carta de Villares na banda, lugar no que demostrou que tamén cumple.
AXENDA DEORTIVISTA
-Fotomontaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto Yeremay : RC Deportivo