No día de onte, 28 de Nadal, “Día dos Santos Inocentes”, demos a nova de que o xogador do Juarez CF mexicano, e ex do Sporting e Málaga, Unionistas, antre outros, Michael Santos, segundo o xornal mexicano, “Recordo”, viaxaba a Coruña para a fichaxe para alistarse nas filas do Depor. O dianteiro uruguaio de 30 anos era unha boa carnada para que picase a afección deportivista hábida de novas sobre reforzos neste mercado invernal. Na nova pedíamos que non se comentase a inocentada descubríndoa nos enlaces das nosas novas nas redes sociais e a verdade que tivemos que borrar moi poucos comentarios o respecto, e nalgún caso víase que nen abriron o artigo, pero sí que foron moitos os que o abriron, segundo a nosa base de datos que recolle todo o movemento da web, foron 28.074 os que abriron a nova o compelto, dos 31.434 que visitaron a web no día de onte.
Pedir disculpas a quen non lle gustase a broma.
Nada hai sobre o interese do Depor por este xogador que está a dar moi bo rendemento en México, o que si parece que ten unha boa oferta é o interior dereito do Eldense da Segunda Española, Cris Montes. Xogador tinerfeño de 26 anos que parece ser xa pideu sair do clube alacantino pero este pide unha contraprestación para a sua saida. O habilidoso extremo acaba contrato en xuño do ano que entra.
A nosa montaxe da chegada de Michael Santos
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”