A MUXIANA, PATRI ROMANÍ DEIXA O VIAXES AMARELLE FSF DESPOIS DE 8 ANOS.

 

A muxiana Patri Romaní “criada” no Fisober FSF, co que chegou a xogar ata 2ª División, deu o salto o Viaxes Amarelle FSF, co que acadou grandes metas tanto en Copa como en Liga, con títulos e ascensos, e xogando coas herculino-xalleiras varias veces na 1ª División Nacional.

Portando o brazalete de capitana, en diversas tempadas, por asuntos laborais, a extraordinaria xogadora muxiana ten que apartarse do Viaxes Amarelle FSF, que considera este adeus coma un “ata pronto”, xa que polo seu peso no clube nestes derradeiros 8 anos, ten as portas abertas.

-Foto : Manu Boutureira

-Texto : piratasdemuxia