Naira e Lucía cos seus trofeos.
A iudoca muxiana de Merexo, Lucía Pazos Trillo proclamouse subcampiona galega xunior, no campionato celebrado na Estrada, (Pontevedra) e a iudoca de Coristanco, Naira Blanco sumou un bronce.
Polo Judo Clube Bergantiños participaron a merexá Lucía Pazos en -57 Kg e coristanquesa Naira Blanco en -52 kg.
A merexá meteuse na final de maneira fulgurante vencendo todos os combates por Ippon, un deles en oito segundos. Na final tocoulle enfrontarse á asturiana federada en Galicia, Paula Cima, coa que logo dun duro combate perdeu, acadando o segundo posto no campionato.
Pola sua banda, a coristanquesa, Naira Blanco acadaba tamén un exitoso o terceiro posto na súa categoría conseguido un bronce.
-Fotos : Judo Clube Bergantiños
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Pedro Pazos.