A iudoca merexana no segundo chanzo do podio.
Lucía Pazos vén de proclamarse subcampióna galega xunior de judo en menos 57 kg no Campionato Galego de Judo celebrado en Ferrol.
A judoca muxiana de Merexo, unha das mais laureadas deportistas da Costa da Morte, a pesares da sua corta idade, venceu todos os combates por ippom en “combates relámpago”, logrou chegar á final onde dominou claramente o combate, pero a mala sorte fixo que a poucos segundos do remate do combate un contrataque da contrincante logrou vencela, quedando Lucía no segundo posto.
Aínda que xa estaba clasificada por puntos para o campionato estatal, esta segunda posición reforza a súa candidatura.
Lucia Pazos con Leire Villamediana do Pontevedra, campiona galega en -63 e compañeira da judoca merexana.
Lucía Pazos, primeira pola esquerda abaixo, cos compañeiros/as do Centro de Tecnificación Deportiva, (Pontevedra), e os trofeos acadados neste campionato galego.
-Información e fotos : Pedro Pazos
-Texto : Xosé Búa “Pirata”