A MUXIANA LUCÍA PAZOS SUBCAMPIONA DA “COPA DE ESPAÑA DE JUDO INFANTIL” CELEBRADA EN SANTIAGO.

Lucía Pazos coa copa e a presea de prata e o diplonma de subcampiona.

 

Celebrouse esta pasada fin de semana no Pavillon do Restollal de  Santiago a Copa de España infantil de Judo. Por parte do Judo Club Bergantiños participaron 3 judokas, a muxiana de Merexo, Lucia Pazos, na modalidade -57,  e Raul Ponte e Ánxo na modalidade de -50.

Lucia Pazos que partía como numero 3 no ranking acadou a medalla de Prata. Caendo na final contra a representante de Asturias.

No caso de Raul caeu na primeira ronda sen opción a repesca. Ánxo tivo opción a repesca pero non a superou.
Os nosos parabéns a este novo éxito da iudoka muxiana, Lucía Pazos así coma aos seus compañeiros, que unha vez máis deixaron moi alto o pavillón deste deporte na nosa zona.
.
-Foto : Judo Club Bergantiños
.
-Texto : piratasdemuxia.es

.

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.