Lucía Pazos, (1ª esq), no podio de Granadilla de Abona.
Esta pasada fin de semana tivo lugar, como xa vos informáramos a “Copa de España de Judo” en Granadilla de Abona, (Tenerife), onde competiron os nosos deportistas infantís e cadetes.
Na categoría infantil a medalla de prata foi para a muxiana de Merexo, Lucia Pazos, (en 57 quilos), (xa vencera en Valladolíd fai un par de semanas). Unha presea con sabor agridoce, como nos comentan dende o seu club o Bergantiños Judo Club, posto que indo gañando a final merecidamente, unha decisión dubidosa descualifica á Lucía, quedando ca mel do ouro nos beizos.

Os representantes costeiros no pavillón de Granadilla.
Raul Ponche, en 50 quilos, (en primeiro ano infantil) gañou un combate e perdeu dous, e María Tajes, (52 quilos), non puido pasar da primeira rolda.
Na categoría cadete non se chegou as preseas, destacar o sétimo posto da coristanquesa Naira Blanco, (en 52 quilos), que gañou 3 combates e perde outros dous. Nicolas Quiñoy que gañou un combate e perdeu dous
O resto de representantes costeiros : Álex Blanco, Daniela Castiñeira e Borja Villar non lograron pasar de rolda.
Segundo nos comentan dende o Bergantiños Judo Club ao que pertencen todos estes rapaces/zas costeiros : “Foi unha gran experiencia para os nosos deportistas que suman combates para o seu seguintes compromiso e no caso de Lucia e Naira ademais, puntos para a clasificación nacional”.
-Foto e Texto : Judo Club Bergantiños/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.