A MUXIANA LUCÍA PAZOS SEGUE IMPARABLE GAÑANDO A “SUPERCOPA DE ESPAÑA INFANTIL DE JUDO” EN MONTIJO, (EXTREMADURA).

Lucía Pazos unha vez máis no máis alto do caixón.

 

A iudoca muxiana Lucía Pazos, neta do gran acordeonista “Pazos de Merexo”, segue cunha traxectoria impresionante que xa é continuidade dos éxitos tanto este ano coma o pasado na Copa de España de Judo. A deportista do “Judo Club Bergantiños”, proclamouse no día de onte campiona da Supercopa de España de Judo celebrada na localidade extremeña de Montijo.

Lucía, unha deportista entregada o máximo, que suma aos seus adestramentos co clube carballés, unha posta a punto impresionante no ximnasio municipal muxián, parteu como primeira cabeza de serie e derrotou a tódalas suas contrincantes en menos de 15 segundos, o que fai pensar e moito en que pode chegar moi alto no Campionato de España, na sua fase final.

 

 

A nosa máis grande noraboa para a atleta muxiana que leva o nome do seu clube, de Muxía e de Galicia por toda España no máis alto.

 

-Foto e Texto : Judo Club Bergantiños/piratasdemuxia.es

++++

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies