Lucía, (esq) e Naira, (der) na concentración.
As duas xoves iudocas da Costa da Morte, a muxiana Lucía Pazos, en idade infantil e a coristanquesa Naira Blanco, en idade cadete que xa estiveron nu “stage” ca Selección Española de Iudo en Portugal, foron convocadas e atópanse coas demáis seleccionadas españolas no Centro de Tecnificación de Ordino, no Principado de Andorra, nunha concentración internacional na que participan seleccións de iudocas de Andorra, Francia, e Colombia, xunto cas españolas. Esta concentración será ata o vindeiro sábado 31 de Agosto.
Un paso máis para estas duas nenas do Judo Club Bergantiños que xa poden presumir de ser internacionais neste deporte. Con eleas está o seu adestrador David Pérez.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es