A MUXIANA LUCÍA PAZOS E A CORISTANQUESA AROA BLANCO ACADAN SENDOS BRONCES NA SUPERCOPA DE ESPAÑA DE JUDO CELEBRADA EN XIXÓN.

As iudocas do Judo Club Bergantiños, Lucía Pazos e Aroa Blanco conseguiron medallas na Supercopa de España Junior de Xixón, unha cita que reúne deportistas de case todas as comunidades españolas e tamén do veciño Portugal. En Asturias, as competicións de alto nivel atraen atletas de moitos lugares, quizais polo prestixio da Supercopa ou porque puntúa máis que as Copas autonómicas.

Lucía Pazos, no podio primeira pola dereita.

A muxiana de Merexo, Lucía Pazos tivo un percorrido impresionante, vencendo todos os seus combates de forma rápida, algúns en tan só 40 segundos. Chegou á semifinal, onde perdeu ante unha representante de Madrid, pero non tivo problemas en loitar polo bronce, que conseguiu con rapidez e eficacia.

A súa compañeira a coristanquesa Aroa Blanco tamén alcanzou a medalla de bronce, sumando outro triunfo para o club galego nesta Supercopa.

Os integrantes da Selección Galega.

Ambas loitaban a pasada semana na Coruña polo bronce na proba do campionato de España o amparo do “XXVII Trofeo Teresa Herrera de Judo”, clasificatorio para a fase final do Campeonato de España Absoluto de Judo 2025, nun combate no que se levou a presea a muxiana.

Con estes resultados, Lucía e Aroa consolidan a súa progresión no ranking nacional e dan un paso importante cara á clasificación para o Campionato de España, demostrando que o traballo, a técnica e a perseveranza comezan a dar os seus froitos no máis alto nivel do judo xuvenil.

-Fotos : Pedro Pazos

-Texto : Xosé Búa “Pirata”