Lucía Pazos campiona de España.
A muxiana de Merexo, Lucía Pazos Trillo, das Escolas Municipais de Judo de Muxía, proclamouse esta pasada fin de semana campiona da “Copa de España Infantil de Judo”, disputada en Valladolid. A xove deportista disputou 4 combates gañando todos por “Ippon”, a máxima puntuación que se pode acadar neste deporte.
A muxiana no podio de Valladolíd, (1).
Ademáis Lucía Pazos con este resultado colócase na 2ª praza do Ranking Nacional que dá acceso directo ao Campionato de España, e colócaa como cabeza de serie na próxima Copa de España que se disputará o próximo 15 de Decembro na localidade de Granadilla de Abona, (Tenerife), nesta copa estará acompañada de 7 compañeiros e compañeiras que tentarán conseguir un bo resultado para a fase final nacional.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.