Lucía Canosa no encontro senior do Fisober FSF.
A xogadora muxiana de Añobres, Lucía Canosa Casais, (2005), acadou a pasada fin de semana un fito que moi poucos poden presumir de ter acadado.
A xogadora que milita no fútbol sala no Fisober FSF Xuvenil, acadou ante o Viaxes Amarelle FSF dous tantos que lle valeron para sumar un punto as fisoberistas, nun choque que acabou con empate a dous, (2-2), xogado no C.P.M. A Gándara de Narón o pasado luns.
Antes na maña do domingo nas Instalacións Deportivas de O Conco en Dumbría xogaba co Fisober FSF, senior, que disputa a Preferente Galicia-Liga Autonómica, e participaba con sous goles, (o segundo e o cuarto), na vitoria das fisoberistas sobre o Concello de Bergonte.
Xa noutro deporte, o fútbol campo, co UC Cee da 2ª División Galega de Fútbol Grupo 3, acadaba os dous goles da vitoria das ceenses sobre o Cacheiras SD, (2-1).
Extraordinaria a capacidade goleadora de Lucía Canosa e o seu estado de forma para dar semellante nivel en 3 encontros consecutivos.
Lucia Canosa, comezou a darlle patadas a un balón en Muxía na categoria benxamín, (2 anos), da man de Fran “Pioto”, co que tamén estivo en alevín ( 2 anos), nas Escolas Deportivas do Concello de Muxía en fútsal e fútbol.
No Fisober FSF este é o 5º ano, (2 en categoría infantil, e 2 en cadete, e 1 en xuvenil). Xogadora destra que se desenvolve na posición de ala, con moito desborde e capacidade goleadora.
Lucía leva 3 goles co senior do Fisober FSF, nos 6 encontros que participou, 2 co equipo xuvenil fisoberista, no único encontro xogado e 2 co equipo do UC Cee de fútbol, que debutou esta semana en liga.
-Foto : Fisober FSF
-Texto : piratasdemuxia