A MUXIANA, LISI BÚA, ACADA DOUS PREMIOS ONDA EN MÁLAGA.

Lisi, (1ª esq), recollendo os premios na gala malagueña.

 

A muxiana Lisi Búa Grille recibeu esta pasada fin de semana 2 Premios Ondas na gala celebrada en Málaga. Lisi traballa como diseñadora sonora en Podium Podcast que é o departamento de podcast da Cadena Ser en Madrid. A muxiana comparte estudos ca coñecida xornalista Ángels Barceló, así coma con outros coñecidos da Cadena Ser.

A semana pasada foron os premios Ondas Globales en Málaga e neles Lisi e o seu equipo recibiron  2 Ondas. Un a mellor Podcast Conversacional con “Arsénico Caviar” e o outro a mellor ficción con “La firma de Dios”. A muxiana neses dous podcast traballou como diseñadora sonora, facendo toda a montaje dos espisodios e diseño de son, a música, os efectos de son e todo o que da vida os episodios.

Para Lisi estes premios son todo un soño, un premio ao que máis ama no traballo : ” Cando empezei esta aventura do diseño sonoro a miña intención siempre fui facer o que amo, pero nunca imaxinei que chegaría a ter tremenda recompensa”.

Un premio que Lisi comparte co seu pobo : “Este premio o comparto con toda Muxia, a culpable de enamorarme desde pequena do sonido. Eses tempos que nos da Muxia para nos mismos, para sentarnos a contemplar foi o que me fixo agudizar o oído e mirar mais alá dos ollos, e descubrir un mundo moito mais grande cando os cerramos e nos centramos en escoitar, un mundo que se nos abre moito mais grande e enriquecedor”.

A nosa máis cordial noraboa a Lisi, por este logro, para ela, para Muxía e para Galicia.

-Foto : Lisi Búa

-Texto : Xosé Búa “Pirata”.