A MUXIANA BARCA TOBA CAMPIONA EN CARNOTA EN ATLETISMO E EN CRONOESCALADA EN BICI EN CARRAL

Barca Toba, (1), con Paula Esteiro, (2) e Apolonia Bermúdez, (3).

A atleta muxiana Barca Toba Suárez segue a amosar o seu bo intre sumando éxitos. No día de onte quedaba primeira na Carreira Pedrestre das Areas, do circuito “Correndo pola Costa”, celebrada en Carnota nunha proba na que ía a buscar boas sensacións de cara a vindeiras competicións. 

A sua idea non era loitar pola vitoria pero as circuntancias déronselle para facelo : “Buscabamos volver a encontrar boas sensacions correndo pero sin preparación especifica xa que estou metendo carga de bici para o Gran fondo de Portugal do 22 de septembro. Saín reservando de feito fun a maior parte da carreira cuarta, pero a falla dun km e medio, máis o menos, decido poñer un marcha máis e irme a pola vitoria. Saeu ben e puiden chegar a meta con algo de vantaxe sobre as miñas perseguidoras”.

Barca acabou forte e con boas sensacións e xa pensa na proxima carreira do circuito que será en Corcubión o primeiro de Setembro : “Volvemos a subir ao mais alto e boas sensacions de acabar moi forte…o terreno non era especialmente fácil pero canto mais dura é mellor me encontro”.

 

Os campións e campionas

En homes o vencedor da carreira longa foi o coristanqués Crístian Muiño, quedando subcampión o santiagués Amador Pena. Na corta de 3 Kms o vencedor foi o laxense Martín Regueiro. Na lona en mulleres a vencedora foi a muradana, Tina Fernández e como decíamos na corta en mulleres, Barca Toba, seguida da camariñana, Paula Esteiro e de Apolonia Bermúdez, as 3 no podio na foto que nos achega a campiona.

 

Campiona en cronoescalada de bici en Carral

A pasada semana a atleta muxiana sumaba un novo éxito en bici. Se xa sorprendera sendo a campiona en mulleres na proba de 80 Kms do “Gran Fondo do Ézaro”, desta volta acudia a “Cronoescalada de Carral” e facíase ca vitoria na sua categoría e co mellor tempo : “Era a primera cronoescalada que facía, e moi ben. Conseguín a vitoria e o mellor tempo da proba na categoria femenina”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es