A MUXIANA BARCA TOBA 4ª EN PORTUGAL NO “GRAN FONDO DE MELGAÇO”, (PORTUGAL)

Barca Toba competindo en Melgaço, (Portugal).

 

A atleta muxiana Barca Toba Suárez segue a sumar éxitos e desta volta foi a nivel internacional. Como xa faláramos fai unhas semanas, Barca estaba a prepararse para ter a sua primeira experienza en competición internacional na modalidade de ciclismo. Unha proba que contou con máis de 1.500 participantes repartidos nas diferentes categorías e distanzas e na que ela participou nos 100 Kms.

Xa acadou o título de campiona no “Gran Fondo do Ézaro”, disputado na localidade dumbriesa o pasado verán. Dista volta xogaba fora presentándose o “Gran Fondo de Melgaço” en Portugal e a pesares de chegar a perder ata 10 minutos o sair de moi atrás, foi remontando postos e acabou na cuarta praza, por detrás de 3 corredoras locais, polo tanto sendo a primeira de fora do país luso e ca sensación de poder haber quedado mellor situada na clasificación final.

Para Barca Toba o : “resultado foi moi bo debido ao bo nivel que habia. Quedei cuarta e saindo dende moi atrás o que me fixo perder moito tempo para poder coller as outras. Ainda así moi contenta xa que era a primeria proba ciclista fora de aqui e cun bo nivel”.

A próxima proba para a atleta muxiana máis grande de tódolos tempos é a “Cronoescalada da Curota” o vindeiro 5 de Outubro e irse preparando para nun par de meses se non hai problema afrontar retos máis importantes.

Para Barca Toba o : “obxectivo cada vez escalar algo mais si pode ser claro”, e a ver se aparece algo de axuda para competir a alto nivel, pois : “As axudas son poucas e o esforzo moito”, e non o pide ela, decímolo nós, pois unha atleta do seu nivel ten que estar a costearse con moi pouca axuda, adestrador, fisios, viaxes, etc, e así é moi difícil competir como ela demostra que pode.

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies