Antía Ogando coa copa de campionas de Europa.
A muxiana, Antía Ogando Búa, ven de levantar a Copa de Europa en baile deportivo no campionato celebrado en Belgrado, (Serbia), xunto co seu equipo o “Revolution UPA”, (Un Paso Adiante). Este grupo de baile deportivo no que está integrado a muxiana, e que ten como lugar de adestramento Narón, comprende a rapazas de antre 13 e 18 anos dos concellos de Fene, Valdoviño, Ferrol e Oleiros e compiten na categoría “Youth”. En menos dun ano xa se fixeron cos 4 galardóns máis grndes proclamándose campionas galegas en Novembro do 2023, campionas de España en Nadal, (2023), e campionas do mundo en Marzal do 2024 no campionato celebrado en Cambrills, (Tarragona).
O baile deportivo é un deporte que esixe constancia, sincronización, compañerismo e moita, moita disciplina, para poder levar a cabo as coreografías o máximo nivel, para o que fai falla adestrar 3635 días o ano, como apuntaba tras ser campionas do mundo a preparadora das rapazas.
A nosa máis cordial noraboa a Antía, e a tódo o grupo de compañeiras, preparadoras e axudantes.
Así gañaban o Campionato do mundo :
-Fotos : Ángeles Búa
-Texto : Xosé Búa “Pirata”